Sábado, 29 Feb. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Sofocado un encendio no Eco-Max de Ramallosa

Sofocado un encendio no Eco-Max de Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
Efectivos do parque de bombeiros de Vigo durante a súa intervención

  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte
Un incencio causa importantes danos no almacén maiorísta de alimentación ECO-MAX situado en Ramallosa.
Diversos efectivos de bombeiros consiguen sofocar o incendio sen lamentar danos persoais.

Unidades do parque de bombeiros de Vigo desprazáronse na tarde de onte a Nigrán para sofocar as chamas no almacén de alimentación situado na estrada de Ramallosa a Gondomar. Os bombeiros precisaron dúas horas para sofocar o incendio e ventilar a nave.

A pesar da gran columna de fume que podía verse dende todo o Val Miñor, non houbo que lamentar danos persoais e a estrcutura exterior da nave non presentaba danos aparentes.

De momento descoñécense as causas do incendio.

Dim lights Embed Embed this video on your site