Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O concelleiro de Parques e Xardíns de Vigo, imputado no entramado de empresas da Operación Patos

O concelleiro de Parques e Xardíns de Vigo, imputado no entramado de empresas da Operación Patos

Correo-e Imprimir PDF
Antigas instalacions de Hormigones Valle Minor en Nigran | Foto Google Maps

O concelleiro de Parque e Xardíns de Vigo, o socialista Ángel Rivas terá que declarar como imputado no Xulgado Número 1 desta localidade. Tras saltar a noticia, o político emitiu inmediatamente un comunicado no que declara que "todo o meu traballo foi sempre cun escrupuloso respecto a lei e a decencia". 

O socialista foi o director xerente de Hormigones Valle Miñor, empresa que foi sub-contratada entre outras por Eiriña, Oresa e Secoysa, adxudicatarias de millonarias obras de huanización na cidade viguesa durante o desarrollo das obras do PlanE. 

O concelleiro e tamen secretario de organización do PSOE en Vigo está "convencido da miña absoltua inocencia" pero a Xustiza sospeita que puido caer en prevariación administrativa e negociacións prohibidas. En concreto, a Fiscalía cree que o Concello puido favorecer as contratas coa empresa Eiriña, propiedade do pai dunha concelleira do PP Alexia Alonso, para que esta compañía subcontratase despois a Hormigones Valle Miñor, na que era directivo Rivas.

Eiriña é unha das empresas foco da Operación Patos, polas que a policía rexistriou varias dependencias da Xunta, do Concello de Vigo, do Concello de Nigrán e da Deputación de Pontevedra, e que provocara a detención e posterior dimisión do ex concelleiro de vías e obras de Nigrán, José Álvarez (PP)

Rivas xa cesou como directivo de Hormigones Valle Miñor e cualifica as acusacións de "completamente infundadas", alegando que el nunca adxudicou nada a ningunha das empresas investigadas.

O Partido popular de Vigo alertaba en 2012 de que se trataba dunha relación "inaceptable" e que Rivas tiña que elexir entre "estar no Concello como concelleiro ou dirixir a empresa".

 

 - Información recollida coa colaboración de Galicia Confidencial