O empresario Juan Manuel Costas, principal imputado da operación “5 Jotas” e involucrado na operación “Patos”, asegura que o ex edil de Vías e Obras, José Álvarez foi o “cabeza de turco” escollido pola trama, pese a estar implicado na adxudicación irregular de obras e o cobro de “comisiones” en Nigrán.
Juan Manuel Costas pon en supenso a implicación do alcalde de Nigrán na trama: "Habría que preguntárselo a él…"
Segundo o empresario a trama de corrupción salpica tanto a PP como a PSOE en distintas administracións locais, Deputación e Xunta de Galicia.
Nunha entrevista no programa Via Debate, Costas afirmou estar disposto a “tirar de la manta” e contar con probas e documentación que implican a bancos, políticos, empresarios e técnicos nesta trama de corrupción que abranguen entre outras administracións públicas, ao Concello de Nigrán.
A empresa 5 Jotas e o branqueo de fondos para subornos a políticos.
O empresario admitiu que súa empresa 5 Jotas entregaba facturas falsas a terceiros para branquear fondos destinados a pagar subornos a políticos e dar "liquidez" para financiar as obras. Transaccións ilegais que permitían a grandes empresas conseguir adxudicacións de obras públicas, e que beneficiaban a 5 Jotas, coa participación nun 5% dos traballos contratados, segundo manifestou na entrevista.
Salientou que as empresas que contactaban a 5 Jotas pedían “billetes grandes” que logo repartían en sobres entre os involucrados nas diversas operacións. Interrogado sobre quen recibían eses sobres, Costas sinalou a políticos de “todos los ayuntamientos” rexistrados a semana pasada por orden xudicial.
Para Costas ao ex-edil de Nigrán José Álvarez o colleron como “cabeza de turco” da trama en Nigrán.
No caso de Nigrán, Costas afirmou que o ex edil de Vías e Obras foi detido por as devanditas adxudicacións de obras e o cobro de comisións. Novamente consultado sobre si era o máis implicado neste capítulo municipal da trama, negouno rotundamente: “Cogen siempre a un cabeza de turco”.
Sen embargo, Costas deu rodeos e non confirmou nin desmentiu a posible implicación o coñecemento dos amaños por parte do alcalde Alberto Valverde . Interrogado directamente pola xornalista Silvia Rueda se tiña coñecemento que o alcalde “se aprovechaba de esa trama”, Costas respondeu: “Hombre! Siempre cuando llega la empanada, yo creo que se aprovechaban un poco todos ¿no?”
SR- Vamos a ser directos. ¿El alcalde también?
JMC - Habría que preguntárselo a él…
Probas e empresas implicadas segundo Costas no capítulo Nigrán da Operación Patos.
SR - ¿Tienes pruebas para demostrar que todo eso es cierto?
JMC- Eso está todo con empresas que si no son nuestras son auxiliares
SR - ¿Qué empresas?
JMC - Las que están mencionadas…
SR - ¿Eiriña?
JMC - Sí
SR - ¿CESPA, Movexvial?
JMC - Sí
SR - ¿Quién más?
JMC - Empresas grandes que tienen aquí subcontratas que les dan ese poder económico para hacer ese tipo de trabajo.
Consultado sobre a posible destrución desas probas, Juan Manuel Costas afirmou que era case imposible porque xa constan nos xulgados.
Cos avances das investigacións medrará o número de políticos e empresarios implicados
A total das estafas ao erario público que mediante estes amaños se desenvolveron desde o ano 2005 en toda Galicia ascende a mías de 60 millóns de euros só nos casos que involucran á empresa 5 Jotas, da que é titular Juan Manuel Costas. Segundo propia confesión recaen sobre a súa persoa más de oito condenas e oitenta xuízos.
Mais o empresario imputado nomeou a outras empresas como Darzal (prevención de riscos) e os grupos Puentes y Calzadas Infraestructuras, Sercoysa, Movexvial, Extraco (adxudicataria da obra de humanización da Avda. Julián Valverde en Sabarís) e outras.... como implicadas na trama, e asegurou contar con documentación probatoria.
Costas afirmou que a través do avance das pescudas dos casos ”5 Jotas” e ”Patos” nos vindeiros meses terá lugar unha morea de imputacións que abranguerán a máis políticos, empresarios e entidades financeiras. Estas últimas, advertiu, as verdadeiras beneficiarias da trama.
Dim lights Embed Embed this video on your site