Mércores, 5 Aug. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán #operacionPatos: José Álvarez convoca á prensa pero adianta que non contestará preguntas.

#operacionPatos: José Álvarez convoca á prensa pero adianta que non contestará preguntas.

Correo-e Imprimir PDF
Jose Alvarez concelleiro vias e obras de Nigran

-O ex concelleiro de Vías e Obras lerá un comunicado pero adianta que non aceptará preguntas nin entrevistas por parte da prensa. Unha hora despois de comunicar o cese de José Álvarez como membro de equipo de goberno de Nigrán, o Concello emite unha convocatoria aos medios onde sinala que "A petición del concejal de Vías y Obras, José Álvarez, se convoca una rueda de prensa prevista para las 16.00 horas del día de hoy en el Salón de Plenos municipal, en la que José Álvarez procederá a la lectura de un comunicado". A continuación engade que "Más allá de esa lectura, el concejal no responderá ninguna pregunta ni tampoco concederá ninguna entrevista a ningún medio de comunicación".

O seu cese chega despois de que o pasado venres tanto o alcalde de Nigrán Alberto Valverde como a dirección do PPdeG mantivesen a súa confianza no edil imputado, avalando esa confianza na revisión dos contratos públicos investigados pola xustiza "tramitados con total transparencia e normalidade" . A pesar desta declaración, reitera o seu «respecto á xustiza», aínda que reclamaba prudencia á hora de esixir dimisións para o concelleiro imputado.