Luns, 11 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Eiriña conseguiu contratos de obras en Nigrán por valor de 666.000 euros entre os anos 2012 e 2013 #operacionPatos

Eiriña conseguiu contratos de obras en Nigrán por valor de 666.000 euros entre os anos 2012 e 2013 #operacionPatos

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde y Jose Álvarez baixo un cartel de obras da Deputación

Eiriña S.L. conseguiu contratos de obra en Nigrán por valor de 666.000€ durante os anos 2012 e 2013 a través da Deputación de Pontevedra e a Autoridade Portuaria.

O ex-alcalde de Nigrán aseguraba no mes de febreiro só ter constancia dun contrato con Eiriña para a realización dunha rotonda no municipio.

Entre as obras executadas por Eiriña S.L. en Nigrán  atópase a de "Abastecemento e saneamento municipal en 2013 por valor 127.485,50 euros.

O xulgado de instrución número 7 de Vigo investiguou, no marco da Operación Patos, supostas irregularidades na concesión de contratos públicos de distintas administracións públicas a un total de, polo momento, cinco empresas. Delas, catro radicadas en Vigo teñen o mesmo administrador, Enrique Alonso Pais, ben con carácter único ou solidario.

Enrique Alonso Pais, pai da ex-concelleira e directora de prensa do PP de Vigo Alexia Alonso, dirixe as compañías Inversioness Patos S.L., Enalvi Intermediación y Desarrollo de Negocios S.L., Eiriña S.L. y Reciclaje y Gestión Medioambiental S.L. Estas tres últimas comparten sede social no polígono vigués de Navia e, segundo datos do Rexistro Mercantil, Enalvi erixiuse en socio único de Eiriña en marzo de 2013.

Eiriña S.L., tal e como figura na súa páxina web, fundouse en Pontevedra en 1973 enfocada cara á obra pública e posteriormente abarcou tamén a privada. O seu capital social, tras unha ampliación en decembro do pasado ano, é de 150.000 euros. Enrique A.P., ademais de ser o seu administrador único, tamén aparece como director xeneral.

Actualmente, recibe adxudicacións de diversas administracións públicas de Galicia nos ámbitos municipal, provincial e autonómico. De feito, boa parte dos rexistros policiais realizados na provincia pontevedresa durante a xornada deste martes estaban relacionados con encargos realizados a esta empresa de construción.

Os contratos de Eiriña S.L. en Nigrán

O por alquel entón alcalde de Nigrán, Alberto Valverde manifestaba o pasado 19 de febreiro na CADENA SER a seu descoñecemento sobre os motivos da detención do concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez. O rexedor expuña que o único acordo do Concello coa empresa CESPA (unha das empresas investigadas), remítese ao contrato asinado en 2005 e vixente por 16 anos, onde o seu equipo de goberno non tivo intervención.  Con respecto á outra empresa investigada, Eiriña S.L., Valverde sinalaba que o único contrato do que ten información no Concello trátase dunha obra emprendida por esta empresa nunha rotonda do municipio, pero baixo encargo da Deputación de Pontevedra.

Pese a que Valverde non lembraba máis obras que a dunha rotonda, VM.info tivo coñecemento que Eiriña S.L. executou obras por valor de  667.000 euros entre os anos 2012 e 2013, durante o mandato do goberno de Alberto Valverde, unha delas de abastecemento.

As obras non foron contratadas directamente a través do concello se non da Diputación de Pontevedra e a Autoridades Portuaria de Vigo, tamén investigados na #operacionPatos

Deste xeito Eiriña S.L. conseguiría a adxudicación dun contrato da  Deputación de Pontevedra con data 20 de setembro de 2013 a obra de  "Abastecemento e saneamento municipal en Nigrán" por valor 127.485,50 euros

Coa Autoridade Portuaria "Obras de urbanización y acondicionamiento del entorno del edificio situado en la parcela P-20.1 del Parque Empresarial de Porto do Molle, en Nigrán (Pontevedra)" adxudicada o día 31 de outubro de 2012 por un importe total ofertado de 538.916,39 EUR.

--

Coa colaboración de Galicia Confidencial