Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán #OperacionPatos José Álvarez entrega a acta de concelleiro de Nigrán e reafirma a súa inocencia.

#OperacionPatos José Álvarez entrega a acta de concelleiro de Nigrán e reafirma a súa inocencia.

Correo-e Imprimir PDF
grupo-popular-nigran

O concelleiro de Vías e Obras, Servizos Urbanos e Relacións cos Veciños, José Álvarez (PP), fixo pública a súa renuncia “voluntaria” a súa acta de concelleiro de Nigrán trala lectura dun comunicado no Salón de Plenos municipal. Acto que convocara durante a mañá adiantando que non respondería preguntas nin daría entrevistas á prensa.

Unha dimisión que xa estaba na prensa a primeiras horas.

Segundo o Álvarez, tomou a decisión tras coñecer a decisión do alcalde de prescindir del como concelleiro, “unha decisión que asumo con responsabilidade e respecto”, apuntou, aínda que a prensa desta mañá xa daba por feito tal renuncia, antes que o alcalde Alberto Valverde fixera pública a decisión do seu cese, sobre ás 11 horas deste luns 24 de febreiro.

“Logo de máis de trinta anos ao servizo de Nigrán, tanto no ámbito cultural, social, deportivo, veciñal como político, tomei esta decisión por coherencia coa miña traxectoria, pola tranquilidade da miña familia, os meus compañeiros e polos veciños de Nigrán, así como por ética política, non porque me senta culpable”, explicou no comunicado lido ás 16 horas.

Inocencia: “intentarei demostralo por todos os medios”

Nas súas declaracións, o concelleiro manifestou estar convencido da súa inocencia, “ intentarei demostralo por todos os medios ao meu alcance, sempre prestando a miña total colaboración coa Xustiza, e estar afastado da vida política é a decisión máis adecuada para a miña defensa”, puntualizou.

Álvarez reitera que só está imputado por un suposto delito de tráfico de influencias

Para rematar, aproveitou a ocasión para reiterar que “unicamente está imputado por un suposto delito de tráfico de influencias”, polo que solicitou aos medios que rectifiquen a información publicada días atrás “na que se me atribuían supostos delitos de cohecho e prevaricación”, concluíu. Para demostralo, ofreceu aos xornalistas presentes a posibilidade de ler o contido dos autos que constatan a veracidade de devandita afirmación.

Audio remitido polo Concello de Nigrán