Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nin cese nin dimisión. O concelleiro de Nigrán imputado na #operacionPatos manterase no seu cargo

Nin cese nin dimisión. O concelleiro de Nigrán imputado na #operacionPatos manterase no seu cargo

Correo-e Imprimir PDF
Jose Alvarez Valverde, concelleiro vias e oras de Nigran

Asi o deixaron claro en sendos comunicados o concelleiro de vías e obras José Alvarez e o propio alcalde de Nigrán.

O alcalde de Nigrán pide "tranquilidad y respeto a la presunción de inocencia" do edil imputado polo que non será cesado do seu cargo como concelleiro.

O concelleiro deféndese e "espera poder demostrar que lo que ha hecho es para mejorar la vida de los vecinos"

O PPdeG desconfía da súa actuación e este mesmo xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou a apertura dun expediente informativo.

 

 José Álvarez defendeuse onte a través dun comunicado dirixido aos veciños de Nigrán para "tranquilizalos" e para tentar defenderse das acusacións que pesan sobre el. "Todo o que fixen foi polo beneficio do pobo e dos veciños e espero que a Xustiza me permita demostralo", apuntaba onte no manifesto.

Álvarez desminte as acusacións sobre da súa imputación sobre os delitos de prevaricación e suborno, xa que o único polo que foi imputado, segundo recolle o auto xudicial, é por un suposto tráfico de influencias. De feito, suliña que descoñece os feitos que nestes momentos determinan dita imputación. 

Segundo publica Europa Press, logo de consultar a varias fontes xudiciais, indican que a pesar de que no auto de liberdade do concelleiro puidese figurar ese único delito, o certo é que a causa, que foi declarada secreta, séguese pola suposta comisión tanto do delito de tráfico de influencias, como o de suborno e, no caso concreto do edil nigranense, o de prevaricación. As mesmas fontes sinalaron que, de feito, na dilixencia de entrada e rexistro ao Concello de Nigrán, que se lle trasladou ao imputado, consta que se van a rexistrar diversas dependencias municipais, entre elas, o seu despacho, no marco dunha investigación pola suposta comisión dese tres delitos.

Álvarez Valverde rexeitou entrar en detalles sobre a súa imputación ou sobre os expedientes e obras que están a ser investigados polo xulgado de instrución número 7 de Vigo, ata que non declare ante a xuíza, que é, na súa opinión, "a primeira persoa" que ten que escoitarlle. Con todo o pasado mércores non quixo prestar declaración na súa primeira comparecencia no xulgado.

Confianza por parte do Alcalde de Nigrán

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde mantén a confianza no seu concelleiro xogando a baza da apelación á "presunción de inocencia". Di que nos próximos días reunirase co seu edil e que confía no proceso xudicial. Ainda que Valverde manifesta descoñecer os detalles do caso, desminte a imputación dos delitos de prevaricación e suborno.

O rexedor di que todos os expedientes que se levaron os axentes foron tramitados «con total transparencia e normalidade» e asegura que son legais. Nesta lína defende ao concelleiro argumentando que Ávarez "non ten competencias ni poder de decisión para la adjudicación de ningún contrato, y en los expedientes consta que los procedimientos han seguido en todo momento el cauce legal, práctica habitual de este ayuntamiento”.A pesar desta declaración, reitera o seu «respecto á xustiza», aínda que reclama prudencia á hora de esixir dimisións para o concelleiro imputado.

O presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo desconfía da súa actuación.

O PPdeG desconfía da súa actuación e este mesmo xoves, o presidente da Xunta anunciou que se lle abriu un expediente informativo. "Ese expediente está aberto e calquera cuestión é posible. Pode chegar á expulsión se se detectan irregularidades ou, simplemente, se mantén ese expediente informativo aberto se non hai información precisa", Nno entanto, remarcou que "hai precedentes similares" dentro do partido que "acabaron en dimisión ou suspensión de militancia" dixo Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.