Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán #OperacionPatos: O concelleiro José Álvarez acóllese ao dereito a non declarar e sae libre con cargos.

Nigrán #OperacionPatos: O concelleiro José Álvarez acóllese ao dereito a non declarar e sae libre con cargos.

Correo-e Imprimir PDF
Jose Álvarez Valverde, concelleiro vias e oras de Nigran detido na operación Patos

 -A xuíza decreta a liberdade con cargos para o concelleiro de Nigrán José Álvarez Valverde (PP).

-O concelleiro  acolleuse ao seu dereito a non declarar ante a responsable do xulgado de instrución número 7 de Vigo ao igual que os outros catro detidos no marco da operación Patos.  Todos quedaron en liberdade con cargos polos supostos delitos de, suborno, tráfico de influencias e falsidade documental, e no caso de Álvarez súmase un suposto delito de prevaricación.

-O BNG pedirá a dimisión ao concelleiro José Álvarez (PP), responsable de Vías e Obras, e no seu caso dirixirase ao pleno para pedir o seu cese inmediato ao rexedor Alberto Valverde.

 A maxistrada María del Carmen García Campos decretou a liberdade con cargos para os cinco detidos pola operación Patos tras unhas breves comparecencias nos xulgado de instrución número 7 de Vigo. Os cinco detidos onte no marco da operación Patos, acolléronse ao seu dereito a non declarar en tanto que a causa segue a ser secreta, segundo a información recollida en distintos medios.

Sobre os cinco detidos penden cargos polos supostos delitos de, suborno, tráfico de influencias e falsidade documental, e no caso do concelleiro de Nigrán, José  Álvarez súmase un suposto delito de prevaricación.

Dim lights Embed Embed this video on your site

O alcalde de Nigrán descoñece os motivos da detención de José Álvarez.

Pola súa banda, este mediodía o alcalde Alberto Valverde declaraba a CADENA SER a seu descoñecemento sobre os motivos da detención do concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez. O rexedor expuña que o único acordo do Concello coa empresa CESPA (unha das empresas investigadas), remítese ao contrato asinado en 2005 e vixente por 16 anos, onde o seu equipo de goberno non tivo intervención. Sinala que dito contrato non foi modificado pola súa administración, sendo o único contacto que ten coa empresa “os diarios” produto da coordinación do servizo.

Con respecto á outra empresa investigada, Eiriña, Valverde sinalou que o único contrato do que ten información no Concello trátase dunha obra emprendida por esta empresa nunha rotonda do municipio, pero baixo encargo da Deputación de Pontevedra.

Consultado sobre si tiña información sobre a documentación que procuraba o operativo policial desenvolvido na mañá do pasado martes no Concello, Valverde sinalou que non contaba con información algunha. Engadiu que fixo el mesmo a consulta aos axentes encargados do operativo mais respondéronlle que o carácter da mesma impedíalles brindar dato algún. O rexedor manifestou que estará á espera das resultas do procedemento.

O BNG pedirá a dimisión do responsable de Vias e Obras.

En declaracións á mesma cadea, o edil Xabier Rodríguez do BNG, reiteraba as denuncias interpostas pola súa agrupación ante as “desmedidas” subas que os servizos de CESPA rexistraban nos últimos anos. Sen embargo, matizou que non tiña información se as detencións tiñan algún vencello con este tema. Igualmente, o concelleiro nacionalista adiantou que pedirá a dimisión de do responsable de Vías e Obras, e en caso de que iso non sucedera, se dirixirá ao pleno de Nigrán para solicitar ao rexedor o cese inmediato de Álvarez.