Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU pide a dimisión do alcalde de Nigrán a raiz da #operacionPatos

EU pide a dimisión do alcalde de Nigrán a raiz da #operacionPatos

Correo-e Imprimir PDF
Jose Cuevas, Coordinador local de Esquerda Unida

Esquerda Unida pronúnciase ante os feitos que están a acontecer concretamente en Nigrán a a raiz da #operacionPatos iniciada esta mañá en distintos puntos de Galicia.

EU considera que a cidadanía non pode admitir que membros do equipo de Goberno poidan ser detidos nunha operación anti-corrupción.

 

EU manifesta no seu comunicado que ainda que agardan coñecer máis datos sobre a operación policial no concello de Nigrán que afectaría a xestión do concelleiro de vías e obras corporación local "e desde a cautela necesaria" consideran que todas estas sospeitas "confirman que o sistema de contratación público nos concellos galegos é a todas luces un desastre". O seu portavoz, Jose Cuevas, engade que  "concellos de cor política diferente aparecen nesta nova operación xudicial creando unha sensación social moi perigosa, a de “todos son iguais” creando unha desafección política que fortalece o interés do poder económico sobre o político."

"Desde a chegada á Alcaldía do Sr. Valverde, dous concelleiros abandonaron o Goberno Municipal. O responsable de Urbanismo, Ignacio Vilas que deixou o PP e o seu goberno municipal con denuncias de pelotazos, unha Concelleira imputada por fraude fiscal e agora o Concelleiro de Vias e Obras, Alvarez Valverde detido, que se supón que deixará o goberno municipal." apunta Cuevas.

EU pide a dimisión do alcalde de Nigrán e o concelleiro imputado.

Para Esquerda Unida "só hai un responsable político desta situación na que está o Concello de Nigrán, Alberto Valverde, como máximo responsable do concello, por delegar en concelleiros presuntamente corruptos, polo que debe presentar a súa demisión ao igual que o concelleiro detido."

Esquerda Unida denunciou esta semán o incumprimento da lei de contratos no Concello de Nigrán en materia de publicidade. Sinalan que o "oscurantismo" e a "falta de transparencia" xunto coa privatización dos servizos publicos, son a orixe da corrupción; por iso entende que agora sexa mais necesario que nunca a aprobación dunha moción sobre transparencia, pesentada xa polo propio grupo ainda que non contan con representación na corporación local.

Esquerda Unida anuncia que vai solicitar copia de todos os contratos nos que interviu o concelleiro detido, as modificacións de contratos realizadas e as variacións de contratos asinados nesta lexislatura con respecto aos anteriores contratos.

"Chegados a este punto, xa non queda máis que traballar na remunicipalización total dos servizos públicos, evitando que empresas concesionarias señan as auténticas corporacións locais na sombra, corporacións “as que ningún nigranés eleximos nas urnas”, ademais dun control democrático, xudicial e policial das actuación dos entes locais coas empresas privadas"  apuntilla Cuevas.