Martes, 24 Nov. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán medita o futuro do concelleiro detido mentras a fiscalía urxe aos partidos a asumir responsabilidades #operacionPatos

O alcalde de Nigrán medita o futuro do concelleiro detido mentras a fiscalía urxe aos partidos a asumir responsabilidades #operacionPatos

Correo-e Imprimir PDF
A ex-concelleira Ana Costas e o actual concelleiro de vías e obras José Álvarez

O alcalde de Nigrán manifesta estar meditando o futuro do edil de vías e obras detido no desarrollo da operacion Patos acusado de supostos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e suborno.

Ao contrario do acontecido coa concelleira de educación, Ana Costas Abalde (PP) condenada onte a 18 meses de cárcere de 800.000 euros de multa por delitos de fraude fiscal, Alberto Valverde non deu o seu apoio ao concelleiro imputado manifestando o descoñecemento dos feitos que se lle imputan.

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela urxiu aos partidos políticos a asumir responsabilidades pola corrupción, lonxe do argumento da "presunción de inocencia" aplicable aos procesos xudiciais en marcha.

Tal e como recolle hoxe o Faro de Vigo, o futuro do concelleiro de vías e obras, Jose Álvarez Valverde posto en liberdade onte con cargos por supostos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e suborno na operación Patos, exponse incerto. O alcalde Alberto Valverde mostrouse hermético sobre o asunto tras coñecerse que o edil quedara en liberdade con cargos despois de negarse a declarar ante o xuíz que instrúe o caso, aínda que deixou a porta aberta a calquera medida nas próximas horas. "No tomaré ningunha decisión esta tarde", afirmou a Faro de Vigo.

Sen respaldo

Nesta ocasión non houbo posicionamento sobre a situación á que se enfronta o concelleiro imputado. O alcalde sostén que descoñece por que se lle investiga, négase a aclarar que expedientes levaron os axentes da Policía que rexistraron o Concello de Nigrán o martes e nin sequera expresa o seu respaldo a un dos seus homes de confianza, ao contrario do que fixera coa concelleira de Educación e Persoal, Ana Rosa Costas Abalde, que dimitiu dos seus cargos o pasado novembro, oito días despois de que o Faro de Vigo fixese pública a súa imputación por fraude fiscal e falsidade documental en relación á súa actividade privada na súa empresa.

O fiscal do TSXG pide asumir responsabilidades aos partidos políticos ante os casos de corrupción

PP e PSOE piden nos medios “máximo respecto” á "presunción de inocencia", principio que é blandido machaconamente polos partidos máis afectados polas sucesivas operacións xudiciais como a Pokémon, cun centenar de imputados, ou a última, Operación Patos, que investiga contratas de seis concellos e organismos da Xunta. "Nin dimisións nin cesamentos mentres non se resolvan nos tribunais", pese a que os casos poden tardar anos, alegan as cúpulas de conservadores e socialistas.

Pero o argumento no que tanto se refuxian os políticos foi onte posto en cuestión polo fiscal superior de Galicia, Carlos Varela: a presunción de inocencia, advertiu, non pode ser “a resposta política”. É “un principio que rexe no campo penal, pero non no outro, o do control político”, no que, continuou o fiscal, deberían articularse mecanismos para asumir responsabilidades cando xorden casos como os das últimas semanas. Varela, nunha entrevista en Radio Coruña, da Cadea SER, lembrou que no terreo político “un comportamento pode moitas veces non ser delituoso pero si éticamente reprobable”. En consecuencia, insistiu, “a resposta política ten que producirse nese campo ético e de convencemento moral de culpabilidade, non no do convencemento penal de culpabilidade, que para iso están os tribunais”.