As visitantes permanecerán dúas semanas na bisbarra con familias de acollida en Nigrán e Baiona. Participan nun proxecto de inmersión lingüística en inglés onde estudantes rusas provenientes da cidade de Berdsk, na rexión de Novosibirsk (Siberia), son acollidas polos estudantes de Baiona e Nigrán nas súas casas. As idades das estudantes van dos 13 aos 17 anos.
Cun formato de campamento poñen en práctica diversas actividades centradas no traballo por proxectos de diferente temática: A relación do descubrimento de América - Cristóbal Colón e Baiona; identificación de contrastes culturais Rusia - España; actividades deportivas na praia; visita ás Illas Cíes e Santiago de Compostela, e outras áreas co fío condutor da lingua inglesa.