Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Volven os días de praia nos areais do Val Miñor?

Volven os días de praia nos areais do Val Miñor?

Correo-e Imprimir PDF
pilates-lourido

Volven os días despexados e con sol. Así o anuncio o prognóstico meteorolóxico que sinala ceos despexados e temperaturas que roldarán os 26 grados a partir deste martes pola mañá.

Unha máxima de 26º e unha mínima de 15º permitirá a volta aos areais e os baños marítimos a residentes e visitantes da bisbarra miñorana.

Segundo dá coñecer o portal 4gotas, iguais condicións esperan até o día sábado. Inda que as temperaturas subirán o mércores até os 28º mais comezarán a descender os días xoves e venres con máximos de 24º – 23º e mínimos de 17º e 16º respectivamente.

A fin de semana manterá o bo tempo durante o sábado e existe algunha posibilidade de choiva para o domingo.