Ducias de profesionais dos eidos do modelaxe, a fotografía, o maquillaxe e a perruquería responderon á convocatoria de Encaixamos Val Miñor para artellar un gran desfile. A eles sumáronse as tendas de roupa, xoiarías, e empresas de diversos eidos da bisbarra e Vigo  que achegarán o seu para facer realidade o espectáculo.
A cita será o sábado 15 de agosto nas instalacións do Casino de Sabarís. O evento contará cun mercado solidarios dende as 11:30 da mañá e o desfile dará comezo sobres as 20:30 horas
.Cun bono solidario de 1.50€ os asistentes colaborarán co proxecto de adquisición dun transporte público para persoas con problemas de mobilidade no Val Miñor.
A resposta dos profesionais da moda foi contundente: 24 modelos, 8 maquilladoras, 2 perruqueiros e 3 fotógrafos conformarán o cadro do desfile. Unha vintena de empresas do eido achegarán a roupa e complementos necesarios.
Durante o desfile haberá sorteos e obsequios. Pilar Rodríguez, do Centro Cultural de Baíña presentará o evento.