Un grupo de veciñas e veciños da bisbarra están a convocar unha celebración comarcal do Día da Patria Galega no Pazo da Escola de Mañufe, o próximo venres 24 de xullo as 20:30h. Nun manifesto elaborado a tal fin afirman procurar unha participación sen distincións partidarias no día previo á celebración en todo o país do Día de Galicia ou da Patria, como sinalan foi nomeado historicamente. Os interesados en participar deberán comunicarse ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . No acto intervirá Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo.
Val Miñor
Manifesto miñorano convoca á celebración do Día da Patria Galega sen distincións partidarias.
A Mancomunidade aumenta os efectivos de salvamento para as praias de #Baiona e #Nigrán
A Mancomunidade do Val Miñor asinou 23 contratos para o servizo de socorristas nas praias de Baiona e Nigrán cunha previsión de aumentar até 25 no correr da tempada. A cifra é maior a da pasada tempada onde a vixilancia nos areais estivo a cargo de 20 profesionais, segundo dá conta un informe do Concello de Nigrán. Tamén foi ampliado o prazo do servizo que será até o vindeiro 15 de setembro, cando ata de agora finalizaba o 31 de agosto.
Os carteiros volven este luns ás rúas para reclamar máis persoal no Centro de Reparto do Val Miñor.
Unha reestrutura de persoal e as súas áreas de distribución deixa aos carteiros da bisbarra nunha relación de 1 cada 2000 habitantes de media. O dobre do recomendado para unha cobertura diaria e axeitada, segundo fontes sindicais. Por riba, dúas zonas rurais en Baiona e Oia antigamente cubertas cun carteiro cada unha, agora foron incluídas nos responsables doutras áreas. A maiores o ente Correos non prevé substituír as ausencias de persoal por vacacións ou baixas durante o verán con novas contratacións. Neste contexto, o persoal do centro de distribución da Ramallosa sairá este luns á rúa para manifestar o seu rexeitamento ao novo plan da empresa para a zona. A protesta non afectará as tarefas ao público pois desenvolveranse no espazo libre que goza o persoal ás 9 horas . Os traballadores percorrerán o mercado de Sabarís.
Once cativos saharauís chegan ao Val Miñor para unhas “Vacacións en Paz”
Coma todos os anos na tempada estival a bisbarra recibe a visita dun continxente de cativos dos campamentos de refuxiados do Tinduf, no Sahara Occidental. Este ano son once as nenas e nenos saharauís que ficarán repartidos en cinco fogares familiares de Gondomar, outros tanos de Nigrán e un de Baiona. Protexerlles das altas temperaturas do verán no Sahara e prover dunha atención sanitaria a través do Sergas son algúns dos obxectivos pola que a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) ten desenvolto este programa de familias acolledoras coñecido como Vacacións en Paz. A estadía prolongarase até o vindeiro 7 de setembro.
Rafael Louzán será xulgado en Cambados por presunto delito de suborno
O Xulgado de Cambados fixará nas vindeiras semanas a data do xuizo ao presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán.
Os cargos refírense ao aluguer duns baixos comerciais en Vigo.
Comezan as mobilizacións dos traballadores de Correos no Val Miñor. Concentración este luns na Ramallosa.
Denuncian a diminución en dúas prazas do cadro laboral encargado do reparto na Unidade de Distribución Val Miñor que funciona na Ramallosa. Afirman que a decisión da directiva de Correos afectará o normal cumprimento do servizo, tanto pola sobrecarga laboral do persoal en funcións, así como pola falla de contratos para suplir baixas eventuais. Nese senso o sindicato convocou aos traballadores das oficinas de Baiona, Gondomar e Nigrán a concentrarse este luns 6 de xullo ás 9 horas na Rúa Xulián Valverde para reclamar a Correos “máis persoal no Centro de reparto do Val Miñor”.
O aumento da demanda no verán obriga a Telefónica ampliar a cobertura de voz e datos no Val Miñor. #Baiona #Gondomar #Nigrán
Telefónica asegura que así dará resposta ao incremento da demanda de voz e datos derivada da afluencia masiva de visitantes no verán. A medida afecta a Baiona, Gondomar e Nigrán segundo un comunicado emitido este venres pola empresa. Nel sinala que igual decisión tomouse para O Morrazo, O Salnés e Vigo. Telefónica asegura ter investido próximo ao millón de euros para mellorar a cobertura galega cun plan especial a tal fin.
Ao Val Miñor está a gobernalo o Facebook
Unha brincadeira do Entroido de dubidoso valor etnográfico pode ficar por sempre na entrada á vila de Gondomar porque ao actual alcalde moitos usuarios do Facebook lle puxeron un "Me gusta" a unha foto dela. Pequeno exemplo da pegada das redes sociais nas decisións administrativas dos políticos miñoranos. A iso pode engadirse a frenética subida de fotografías, post e comentarios que dende o pasado mandato tivo no ex alcalde de Nigrán un exemplo destacado, facendo do Facebook a fiestra onde amosar día a día os logros, achegar opinións políticas ou dialogar con cidadáns. Corrente que agora parecen seguir con igual entusiasmo e dedicación algúns dos novos rexedores da bisbarra.
Manifesto Miñor propón medidas de apoio ás reivindicacións dos dereitos da comunidade gai.
O Manifesto Miñor presentou no rexistro dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar unha instancia para que os tres concellos coloquen nun lugar visible, xunto ao resto de bandeiras, e durante o prazo dunha semana, do 28 de Xuño o 5 de Xullo, a bandeira multicolor, representativa do movemento LGTBI que agrupa á comunidade gai, lésbica, bisexual e transexual.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL