Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Avelaíña acada acordos para prácticas laborais de 15 usuarios en concellos e empresas da zona.

Avelaíña acada acordos para prácticas laborais de 15 usuarios en concellos e empresas da zona.

Correo-e Imprimir PDF
avelainha xardineria

Tras máis de dous meses de formación, os usuarios de Avelaíña matriculados no curso sobre "instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes" comezarán o próximo 10 de agosto as súas prácticas en diferentes concellos da zona de Val Miñor e Baixo Miño.

Son 15 os usuarios de Avelaíña que terán esta oportunidade laboral tras asistir ao curso. Agora poderán complementarán a súa formación ata o 31 de agosto, buscando ampliar as súas posibilidades de inserción no mundo laboral.

Para isto, a asociación alcanzou acordos de colaboración cos Concellos de Baiona e Tomiño, así como coas empresas Talher (Nigrán), Orballo Xardíns (Tui) e Flores Toxal (A Garda), acordos que permitirán aos alumnos incrementar a súa experiencia e asentar os coñecementos adquiridos.

O curso, organizado pola entidade para a formación e o emprego da Fundación ONCE, FSC Insere e desenvolvido dentro do programa "Por talento", contou coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

O proxecto persegue que os usuarios adquiran os coñecementos necesarios para "executar e organizar as operacións de instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior, exterior e zonas verdes, manexando a maquinaria e aperos de xardinería e cumprindo coa normativa medioambiental de calidade e de prevención de riscos laborais". Por iso, ademais da formación teórica, os alumnos levaron a cabo a rehabilitación dunha zona verde próxima ao centro de Avelaíña na Guarda.
.