Mércores, 20 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Once cativos saharauís chegan ao Val Miñor para unhas “Vacacións en Paz”

Once cativos saharauís chegan ao Val Miñor para unhas “Vacacións en Paz”

Correo-e Imprimir PDF
saharauis gondomar

Coma todos os anos na tempada estival a bisbarra recibe a visita dun continxente de cativos dos campamentos de refuxiados do Tinduf, no Sahara Occidental. Este ano son once as nenas e nenos saharauís que ficarán repartidos en cinco fogares familiares de Gondomar, outros tanos de Nigrán e un de Baiona. Protexerlles das altas temperaturas do verán no Sahara e prover dunha atención sanitaria a través do Sergas son algúns dos obxectivos pola que a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) ten desenvolto este programa de familias acolledoras coñecido como Vacacións en Paz. A estadía prolongarase até o vindeiro 7 de setembro.

"Recibirán asistencia sanitaria, alimentos, atención e todos os obxectivos do programa: culturais, formativos e humanitarios", salienta Henrique Porto Varela, responsable miñorano da ONG . "Tamén para disfrutar dunhas vacacións, lonxe da altísima calor que se vive no verán nos campamentos de refuxiados en Tinduf, nas casas do irmáns españois e galegos que somos do pobo saharauí".

Lembra que trátase dun "pobo que segue a loitar pola súa liberdade e que España como responsable administrativa da descolonización do Sahara debe resolver un conflito xa demasiado alongado no tempo".

Adianta que diversas actividades están programadas polas familias de acollida, polos concellos do Val Miñor colaboradores co programa das que irán dando conta ao longo deste verán. Os seus contidos informa "serán formativas como reivindicativas e festivas".