Xoves, 5 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Iníciase a campaña solidaria para acoller nenos dos campos de refuxiados do Sáhara.

Iníciase a campaña solidaria para acoller nenos dos campos de refuxiados do Sáhara.

Correo-e Imprimir PDF
saharahui-na-Colleira

Como tódolos anos a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí desenvolve a campaña "Vacacións en Paz", co fin de que nenos que viven nos campamentos de refuxiados no Sáhara podan gozar dunha estancia en Galicia durante os meses de xullo e agosto. Para iso, convocan a familias interesadas en acollelos a comunicarse coa delegación comarcal da ONG. O delegado no Val Miñor é Xosé H. Porto Varela, e os teléfonos de contacto 986369189 ou 679308833. Tamén por correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , onde se dará todo tipo de información sobre este programa.

 

Recollida de roupa e calzado para financiar a campaña e venda da lotería de Nadal.

Por outra banda, como a ONG só se subvenciona a través de donativos e actividades que realiza para recadar fondos, este ano está a promover unha importante campaña de recollida de roupa usada, zapatos e bolsos, que "axudan moito como donativo para a nosa ONG", sinalou Xosé Porto. Os puntos de recollida están no Centro Médico da Xunqueira. No centro veciñal de Couso ( Gondomar ), no centro cultural de Vincios ( Gondomar ) e no mercado de Baiona, entre outros.

Tamén pódense adquirir números da lotería de Nadal (para os "cabalistas" o número é o 65.297), ca fin de colaborar co proxecto "Vacacións en Paz".

Campaña informativa e solidaria

No inicio da campaña do 2013 estanse colocando por parte da ONG carteis e repartindo folletos informativos sobre o programa, polos diversos locais públicos e comercios da bisbarra.

Outra das actividades deste colectivo está na pescuda de colaboración dos Concellos para que

a través das traballadoras sociais poidan colaborar na captación de familias acolledoras e tamén para a súa colaboración económica nas viaxes dos cativos e das actividades a desenvolver con eles durante a súa estadía.