Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Concello de Gondomar despide aos nenos saharauis que pasaron o verán no Val Miñor

O Concello de Gondomar despide aos nenos saharauis que pasaron o verán no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
despedida

-A estancia inscríbese dentro do programa 'Vacacións en paz', posto en marcha pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
- O acto de despedida celebrouse no Parque da Coelleira cunha merenda á que asistiron o alcalde do municipio, Fernando Guitián e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán; ademais dos nen@s e as súas familias de acollida


Os doce nenos e nenas que pasaron o verán no Val Miñor dentro do programa 'Vacacións en paz', participaron o pasado venres xunto coas súas familias de acollida no acto de despedida organizado polo Concello de Gondomar, a través da Concellería de Benestar Social. A merenda, que tivo lugar no Parque da Coelleira, contou coa asistencia da concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, e do alcalde, Fernando Guitián.
A concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, agradeceu á participación das familias no programa 'Vacacións en paz', así como a Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, asociación que puxo en marcha este programa hai cerca de vinte anos. Este verán foron 12 os nenos e nenas que se beneficiaron do programa. Deles, 6 ficaron en Gondomar, 4 en Nigrán e 2 en Baiona.
'Vacacións en paz' persegue proporcionar aos menores durante os dous meses de estancia en Galicia asistencia médica (a asociación conta cun convenio co Sergas nesta materia), a cobertura das necesidades alimenticias e ofrecerlles unha convivencia familiar e educación. Cómpre destacar que os meses de verán, que son os que os nenos pasan no Val Miñor, no deserto do Sahara as condicións acadan dimensións extremas, con temperaturas que poden pasar dos 50 graos centígrados.