Xoves, 22 Oct. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Val Miñor Activismo solidario no #Val Miñor a prol da defensa dos DDHH das poboacións saharauis ocupadas por Marrocos.

Activismo solidario no #Val Miñor a prol da defensa dos DDHH das poboacións saharauis ocupadas por Marrocos.

Correo-e Imprimir PDF
sosgap-viaxe-sahara

-O próximo sábado día 15 de marzo terá lugar unha marcha dende Padrón a Santiago, coincidindo coas manifestacións pacíficas que cada día 15 se celebran na cidade ocupada do Aiún.
-No Val Miñor se prepara unha cea benéfica e solidaria para subvencionar o programa "Vacacións en Paz " o vindeiro 5 de abril ao prezo de 20 euros por persoa no restaurante CASA MOISES de Valadares ao carón da pasaxe de Vincios

A Delegación no Val Miñor de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui convoca a participar dunha serie de actividades solidarias a prol da defensa dos Dereitos Humanos dos habitantes saharahuis. Nese senso estase a organizar con todos os veciños que desexen participar un grupo da bisbarra para participar na marcha reivindicativa que terá lugar o vindeiro 15 de marzo. A mesma partirá da bisbarra para chegar a Padrón sobre as 9 da mañá. De alí se marchará ata Compostela onde lerase un manifesto "pola paz e a solución ao conflito do Sáhara".
E xa no Val Miñor a delegación da SOGAPS organiza unha cea benéfica e solidaria para subvencionar o programa " Vacacións en Paz " o vindeiro 5 de abril ao prezo de 20 euros por persoa no restaurante CASA MOISES de Valadares ao carón da pasaxe de Vincios. Esta cea contará coa presenza de varias actuacións musicais entre as que destaca o grupo Swaroskis. Tamén se proxectarán fotos e vídeos da viaxe ao Aiún e aos campamentos de refuxiados do Sáhara. E explicarán a situación do conflito membros do Frente Polisario. As entradas están xa a venta e pódense reservar no telefono 679 30 88 33 ou chamando á sede da SOGAPS 986 262637.