O presidende da Xunta, Núñez Feijóo fai alusión a un posible pacto PSOE – PODEMOS e chama aos votantes socialistas a que esta vez apoien ao PP para impedir ese pacto no Val Miñor así como a chegada de "asesores de gobernos venezolanos".
As palabras do xefe do PP foron interpretadas no que se denomina a estratexia de campaña do "voto do medo", e dende PODEMOS aclaran que a formación non participa nestas eleccións muncipais como partido, nin apoian formalmente a ningúnha formación dado que a decisión non foi refrendada pola asamblea ainda que puntualizan que membros de PODEMOS Nigrán integran a candidatura da coalición Nigrán Decide - SON.