Xoves, 16 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Medran as incautacións de cultivos de marihuana: 36 plantas e 2 detidos en Guillarei.

Medran as incautacións de cultivos de marihuana: 36 plantas e 2 detidos en Guillarei.

Correo-e Imprimir PDF
marihuana guillarei

A Garda Civil de Tui incautou 36 plantas de marihuana que arroxaron un peso de 27 quilogramos, nunha leira de Guillarei anexa á vivenda na que, o suposto dono e coidador, vive cos seus pais. Ademais destas plantas se incautaron tamén ao redor de 5 kg. de marihuana xa seca, 45 gr. de cocaína e 4 e medio de heroína así como unha báscula de precisión, pequenas bolsas plásticas para a venda da droga, útiles para o cultivo da marihuana e unha cabina secadora con circuíto extractor e un deshumificador, segundo o informado aos medios.

Por todo iso procedeuse á detención de B.A.M.D., de 27 anos de idade como suposto autor dun delito contra a saúde pública, venda e cultivo de estupefacientes.

A incautación da plantación levouse a cabo o pasado venres, previa autorización de entrada e rexistro do Xulgado de Instrución número Dous de Tui xa que para acceder á mesma houbo que facelo pola vivenda, sinala o parte público.

A nai intenta desfacerse da cocaína no momento do operativo.

Segundo sinala o comunicado, cando a Garda Civil accede á vivenda para a incautación da marihuana, sorprenden á nai do detido no baño do domicilio tirando, o que se supón era cocaína, polo inodoro. Á vez atopan ao fillo da mesma de quen dixera que non estaba na casa.

Por todo isto, a Garda Civil procede á súa imputación como suposta autora dun delito de tráfico de drogas e outro contra a administración de xustiza, tratándose de A.D.M., de 54 anos de idade.

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS de Tui, quedando en liberdade con cargos, onde se terá que presentar a imputada cando para iso sexa requirida por devandita autoridade xudicial.