Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Detidos tres mozos do Val Miñor como presuntos autores de 43 roubos na comarca

Detidos tres mozos do Val Miñor como presuntos autores de 43 roubos na comarca

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe do material recuperado pola GC

A Garda Civil detivo a tres mozos do Val Miñor como presuntos autores da escalada de roubos que se produciron na comarca desde o pasado mes de maio.

O operativo conseguiu esclarecer 43 roubos en bares, igrexas e casas da comarca.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación dirixida polo Posto Principal de Baiona durante os últimos seis meses considera esclarecidos con estes arrestos 43 roubos en distintos puntos do tres municipios.

Ao tres impútanselles os delitos de roubo con forza. A A.G.B., de 22 anos e veciño de Nigrán, súmaselle tamén o de resistencia e desobediencia grave a axente da autoridade. Os outros dous imputados son A.T.F., de 20 anos e natural de Gondomar aínda que residente en Nigrán, e A.G.R., de 20 anos e de Gondomar, ao que se lle acusa tamén dun delito de ocultación..

Os seus obxectivos prioritarios eran os establecementos comerciais, principalmente bares e cafetarías, peroa Garda Civil considéraos autores dos roubos denunciados durante este tempo en igrexas e vivendas da zona.

A súa especialidade eran as máquinas recreativas, que "esnaquizaban totalmente, forzándoas pero sen os danos nas zonas laterais que se rexistran habitualmente", segundo indican as mesmas fontes. "Valíanse dalgún obxecto contundente para rompelas no frontal e facerse coa recadación e este sistema empregouse en, polo menos, oito casos denunciados en locais de Praia América, no municipio de Nigrán, algúns na mesma cafetaría e en datas distintas, pero sempre en horas da madrugada", engaden. Ademais das máquinas recreativas e de apostas, os ladróns levaban todo o que se atopaban ao paso en cada escenario, desde xamóns a billetes de lotaría, bebidas alcohólicas, terminais móbiles, computadores portátiles, televisores ou xogos de consolas.

O seguimento dos sospeitosos durante estes meses permitiu contar con testemuños de persoas que vinculan aos mozos cos obxectos subtraídos e cos lugares asaltados nas datas que sucederon estes ilícitos penais, indicou a Garda Civil. A investigación aséntase tamén sobre probas periciais, imaxes de circuítos de vídeo vixilancia e toma de pegadas nos escenarios que confirman os resultados das entrevistas practicadas. A investigación culminou cun operativo de vixilancia e seguimento nos locais sensibles da zona próxima á residencia dun dos mozos en Nigrán. O propietario dunha cafetaría deste municipio advertiu na madrugada do luns da presenza de dous encapuchados na porta do seu establecemento con ferramentas e que, ao ser sorprendidos, déronse á fuga.

Os axentes estreitaron a vixilancia ata que pillaron a un dos mozos accedendo a unha cafetaría a través da xanela que forzaran previamente. Outro cumpría as funcións de vixiancia nas inmediacións e os dous íanse do lugar ao darse conta do seguimento pero foron interceptados a poucos metros.

Os dous mozos tentaron fuxir a pesar de que os axentes da Garda Civil xa lles deron a orde de que permanecesen quietos. Un deles agrediu ao axente e deuse á fuga, pero puido ser arrestado posteriormente. Ao tres impútanselles os delitos de roubo con forza. A A.G.B., de 22 anos e veciño de Nigrán, súmaselle tamén o de resistencia e desobediencia grave a axente da autoridade. Os outros dous imputados son A.T.F., de 20 anos e natural de Gondomar aínda que residente en Nigrán, e A.G.R., de 20 anos e de Gondomar, ao que se lle acusa tamén dun delito de receptación.