Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Choque frontal na autoestrada do Val Miñor logo de que unha conductora decidira circular en sentido contrario

Choque frontal na autoestrada do Val Miñor logo de que unha conductora decidira circular en sentido contrario

Correo-e Imprimir PDF
Autoestrada do Val Miñor saida Vincios

Segundo as primeiras conclusións a conductora dun vehículo decidiu dar media volta e circular en sentido contrario porque deixara atrás a saída da autoestrada que quería coller.

O accidente tivo lugar cara ás 07:30 horas desta madrugada e os dous condutores dos vehículos foron trasladados de urxencia a un centro médico.

A condutora dun vehículo resultou hoxe gravemente ferida ao chocar contra outro coche, cuxo condutor tamén tivo que ser atendido, despois de circular en sentido contrario nun tramo da autoestrada Vigo-Baiona, informaron hoxe fontes do servizo de Emerxencias.

Tras equivocarse e pasar a saída da autoestrada que debía tomar, a condutora decidiu dar media volta e circular en sentido contrario, segundo as primeiras conclusións da investigación.

A condutora do coche chocou "fontolateralmente" contra un vehículo que circulaba na dirección correcta.

O accidente tivo lugar cara ás 07:30 horas desta madrugada e os dous condutores dos vehículos foron trasladados de urxencia a un centro médico.

A muller tivo que ser excarcerada do vehículo por un equipo do servizo de Bombeiros de Vigo, que acudiu ao lugar do sinistro.