Cinco persoas resultaron feridas, entre elas dous menores de idade, nun accidente con tres vehículos implicados rexistrado na autoestrada AG57 ao seu paso por Gondomar, segundo informaron fontes do 112 e do 061.
O sinistro produciuse ao redor das 17,50 horas do pasado mércores 25 de decembro.
Ao lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais e persoal sanitario do punto de atención continuada (PAC) de Nigrán, que precisaron que deron atención a cinco persoas que foron trasladadas ao centro hospitalario de Povisa, en Vigo.
En concreto, trátase de dous menores de idade (un home e unha muller) e tres adultos: dúas mullres E.M.S. e M.P.B., de 45 e 46 anos, e un home F.G.B., de 47.