Sábado, 12 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Opinión Manifesto: Pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor.

Manifesto: Pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Nós, cidadáns e cidadás galegas, residentes nos concellos do Val Miñor, conscientes do enorme deterioro social, político e económico que estamos a sufrir como consecuencia das políticas de austeridade impostas dende as instancias económicas e políticas internacionais; conscientes das limitacións democráticas do réxime bipartito nacido na Transición; conscientes da renuncia por parte das institucións á defensa dos sectores máis agredidos e dos sectores produtivos...

Dende unha posición estritamente persoal, APELAMOS,  á cidadanía, aos diversos movementos asociativos: sociais e culturais, así como ás formacións políticas democráticas, progresistas, de esquerda e /ou nacionalistas, a iniciar o dialogo necesario e urxente co fin de conseguir unha ampla alianza social e política para configurar CANDIDATURAS UNITARIAS   co obxecto de:

•             Rexenerar a democracia nos tres concellos miñoranos para acabar coa  corrupción sistémica nos concellos e a falla de transparencia.

•             Defender dende as instancias municipais aos sectores máis agredidos polas políticas de recortes e eliminación nas prestacións sociais, sanidade, ensino, cultura, lingua...

•             Impulsar políticas de ordenamento do territorio sometidas a criterios racionais e de respecto polo medio ambiente, polo patrimonio histórico...

•             Abrir os concellos do Val Miñor á participación cidadá, sen atrancos e coa transparencia como sinal de identidade. 

Conscientes da situación de emerxencia na que nos atopamos, así como de que entre as instancias ás que apelamos hai máis puntos de encontro que de discrepancia e conscientes da necesidade imperiosa de retirar do poder municipal aos partidos do réxime, facemos este chamamento á CIDADANÍA miñorana.

Val Miñor, xullo de 2014.

ASINAN:

Francisco Luis Blanco Pereira (funcionario, Vilariño), Carlos Gómez Costas (técnico de administración local, Chandebrito), Vicente Lobato Falagán (xubilado, Nigrán), Bruno Centelles García (mestre, Nigrán), María Cristina Fernández Piñeiro (mestra, Nigrán), Mirta Luz Gozza Coll ( xubilada, Nigrán), Xilberte Manso de la Torre (profesor ensino secundario, Panxón), María Camiño Noia Campos (catedrática da U.Vigo, Nigrán), Xulián Maure Rivas (profesor e editor xubilado, Nigrán),  Gonzalo Navaza Blanco (escritor e catedratico U. Vigo, Peitieiros), Rexina Vega ( escritora e profesora, Borreiros), Antón Seoane (psiquiatra e músico, Camos), Jose Luis Alonso (representante comercial, Morgadáns), Carlos Méixome Juiz (empregado de banca e músico, Chaín), Miguel Anxo Mouriño (escritor e profesor, Gondomar), Emilio  Fernández Zunzunegui (mestre, Baiona), Xaquin de Acosta (enxeneiro xubilado, Couso), Antonio Valverde Alonso (empresario xubilado, San Pedro da Ramallosa), Óscar Milego (técnico industrial, Baiona), Miguel Alejos (empresario, Nigrán), Purificación González (profesora de ensino secundario, Chaín), Carlos Estévez (mestre, Baionna), José Pintado Valverde (científico, San Pedro da Ramallosa), Alberto Covelo (caldereiro, Vincios), Carlos Cotobade (abogado e profesor xubilado, Borreiros), Gonzalo Rodriguez Amorín (bombeiro, Gondomar), Suso Recouso Tresandi (estudante universitario, Priegue), Xosé Lois Vilar Pedreira (empresario e arqueólogo, Baiona), Jorge Díz Ferreira (doutorando, estudante universitario, Donas), Alexandre Rodriguez (enxeneiro, Mañufe), Ángel Martinez Blanco xubilado, Vilaza), Antón García (xubilado; Chaín), Carmen Valcárcel Juarez (mestra, Vilariño), Anxo Fernández Ratel (poeta, Baiona), Xurxo Cabral Lemos (aux. admi. e sindicalista, Baiona), José Lamas Patiño (xubilado, Donas), Manuel González (xubilado, Baíña)