Venres, 22 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Operarios alertan que Aquagest saca dos concellos "beneficios moi importantes"

Operarios alertan que Aquagest saca dos concellos "beneficios moi importantes"

Correo-e Imprimir PDF
Xerente de Aquagest detido na Operacion Manga Jose Luis Miguez, Imaxe CRTVG es

Tocada polo escándalo da Pokemon, Aquagest, a gran empresa de xestión da auga, cambiou o seu nome por Viaqua. Agora os seus traballadores denuncian que lles pretenden recortar dereitos malia o rendemento das contratas municipais.

 

"Todas as contas que nos facilitan dan beneficio, beneficios moi importantes, que non xustifican este tipo de medidas". Esta é a denuncia que fai o Comité de Empresa de Aquagest, agora chamada Viaqua, ante a negativa da empresa a avanzar nun novo convenio.

Esta empresa é unha das máis importantes dos servizos públicos do país. Ten máis de 500 empregados entre outros, o concello como Santiago, Pontevedra, Ourense, Ribeira, A Pobra, Rianxo, Teo, Carballiño, Arzúa, As Pontes, Ares, Baños de Molgas, Barbadás, Bergondo, Cabanas, Cambados, Carballiño, Carballo, Cedeira, Celanova, Chantada, Dodro, Fene, Ortigueira, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Ribadeo, Rois, Oroso, Sada, Val do Dubra, Vedra, Viana do Bolo...

Polo menos en Santiago, Ourense, O Carballiño e Pontevedra a Xustiza investigou supostos intentos de corrompir aos concelleiros e alcaldes para que renovaran as concesións. Nas tres primeiras localidades os edís foron imputados ao fío destas investigacións, así como os directivos do grupo empresarial.

Limpar a súa reputación é o motivo de que Aquagest mudase a súa marca a Viaqua.

No comité de empresa colaboran CIG, UXT e CC.OO. Os tres grandes sindicatos argumentan que o carácter de "servizo público" do seu traballo os empurra a dar a coñecer os seus problemas laborais.

Os operarios denuncian que teñen os salarios conxelados e que a empresa deixou vencer o convenio en 2013. Como non hai avances nas negociacións, a final de 2014 o convenio podería caducar. Aproveitándose da reforma laboral aprobada polo PP, Aquagest/Viaqua podería impor novas condicións laborais máis cativas aos traballadores. Iso malia que as contratas, obtidas presuntamente algunhas delas mediante métodos corruptos, permiten que a compañía presente "beneficios moi importanates".

Baiona ten opcións de remunicipalizar a auga.

Segundo a petición lanzada onte por Esquerda Unida, Baiona rematou en xuño co contrato privado coa empresa Espina y Delfín para o abastecemento de auga potable no municipio, un servizo que según EU debe ser remunicipalizado segundo os datos do estudo do Tribunal de Contas que sinala que o servizo é un 10% máis caro cando se presta por concesión privada, que cando a xestión é pública por iso solicitan un estudo previo que analice a viabilidade e poña os datos sobre a mesa antes de volver a lanzar a privatizar novamente o servizo.

- Coa colaboración de Galicia Confidencial

- Fé de erratas. Na publicación inicial indicouse que Aquagest ofrecía o servizo municipal de augas en Nigrán, cando a empresa correcta é Aqualia.