Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

EU pide unha investigación para determinar o grao de responsabilidade da Mancomunidade ante a falta de medios do GES

Correo-e Imprimir PDF

O camión leva máis de dous meses aparcado nun taller en VigoO portavoz de Esquerda Unida, Jose Cuevas, solicitou onte ao presidente da mancomunidade a apertura dunha investigación para determinar se os medios cos que conta o servizo de emerxencias do Val Miñor (GES) son adecuados.

Logo de que o pasado mes o presidente de turno e alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, anunciase que abriría unha pescuda interna para determinar se houbera neglixencia por parte dos efectivos do GES ao acudir aun incendio en Ramallosa cunha sulfatadora, ante a falta de medios e a avería do camión cisterna que dispoñen; agora o portavoz de EU considera de xustiza a apertura dunha investigación para determinar o grao de "neglixencia" dos responsables políticos.

Val Miñor: 150 km2 defendidos do lume cunha sulfatadora e varios extintores.

Correo-e Imprimir PDF

Los-alcaldes-de-la-Mancomun
-Un incendio devorou unha vivenda familiar en Camos á vista indefensa de veciños e operarios do GES carentes de recursos materiais para combater o lume. 

-A única motobomba da comarca leva dous meses nun taller a falla de 15 mil euros para arranxarlla. Entrementres, Porriño e Vigo apagan os lumes da bisbarra con cargo á mancomunidade e supeditado á súa dipoñibilidade.

Valverde anuncia a formalización dunha petición á Xunta de Galicia a prol da gratuidade da AG-57 no interior do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

peaxe-vilarinho-O alcalde de Nigrán lamentou a perda dos postos de traballo nas peaxes de Vilariño os que entende responden a unha decisión da Xunta só avalada por datos "meramente económicos vinculados a la consecionaria".

A postura de Valverde torna en apenas 24h logo de que onte manifestara no Faro de Vigo que os despidos eran "Inaceptables" e comprometíase a "esigir" ante a Xunta o mantemento dos empregos.


O alcalde de Nigrán, o popular Alberto Valverde declara estar a prol da gratuidade do servizo da autoestrada AG-57 nos traxectos que descorren dentro da comarca do Val Miñor.Así o informou na tarde deste martes 14 de xaneiro nun comunicado no que adianta que "remitirá a la administración autonómica " dita solicitude no próximos días. As afirmación danse no marco dun escrito onde o rexedor "lamenta a perda de postos de traballo nas peaxes da comarca", resolto pola concesionaria en acordo coa Xunta de Galicia.

Esquerda Unida denuncia a perda de 10 postos de traballo na peaxe de Vilariño da AG-57.

Correo-e Imprimir PDF

peaxe-nigranEsquerda Unida denuncia que volveron a desaparecer as denominadas cabinas manuais das saídas da autoestrada en Vilariño. Sinalan que a concesionaria as elimina a pesar de que a Axencia Galega de Infraestruturas afirmou o pasado ano que tomaría medidas "no marco do contrato" se a concesionaria non mantén unha persoa na cabina as 24 horas do día.
Coa medida que está a adoptar a concesionaria, Esquerda Unida estima que se van a perder 10 postos de traballo, sen que se produza ningunha beneficio para a veciñanza do Val Miñor, como podería ser a liberalización da peaxe na "circunvalación" do Val Miñor. Aseguran que esta medida, ademais de resultar un prexuízo para as persoas usuarias da autoestrada, "so vai a servir para aumentar os beneficios da empresa concesionaria, a costa da eliminación de 10 postos de traballo, nunha comarca onde non fai mais que crecer o paro".

Familia de Priegue atopa un mexillón xigante na Ladeira.

Correo-e Imprimir PDF

mexillon-xigante-ladeiraUnha familia da parroquia de Priegue (Nigrán) atopa un mexillón xigante de 26 cm de longo por 15 cm de ancho na Praia Ladeira en Baiona. O exemplar foi amosado esta mañá ás cámaras da RTVG. A familia especula co xeito das últimas treboadas que poderían ter empurrado o molusco dende as profundidades, seguramente desde varias millas da costa. Agora esperan que seque para vernizarllo e gardar como adorno na casa.

flia-nigran-mexillon

Baiona, Oia e A Guarda un espectáculo de demostración da forza do mar

Correo-e Imprimir PDF

O mar rompeu o valado  da zona do Rompeolas en Baiona corando o tráfico - Imaxe Telemariñas - YoutubeCentos de persoas acuden estes días ás zonas máis batidas polo mar nos concellos de Baiona, Oia e A Guarda.

As cámaras captan imaxes que poñen en evidencia a forza do mar na costa Atlántica.

Alerta vermella no mar ante un novo frente que pasa por Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Illas Estelas - Foto 1punto1Fotografia.com Galicia continuará baixo un episodio de chuvias e fortes ventos tanto no mar como en terra que afectarán ao litoral norte e zonas altas do interior. No mar haberá intervalos de forza 8 e as ondas superarán os 8 metros de altura a partir do mediodía.

Aínda que os sistemas de borrascas do norte comenzan a debilitarse, continuarán achegando ondas de mar de fondo por riba dos 5 metros en todo o litoral Galego.

Dirk deixa sen luz varias parroquias de Nigrán e reborda o río Miñor

Correo-e Imprimir PDF

O río Miñor rebordou sobre na zona de obras do paralizado tanque de tormentas de Gondomar - Foto Gondomar.tvO Dirk pasou polo Val Miñor e tamén deixou a súa pegada. Caída de muros, desprendementos de fachada e cortes de luz en Nigrán ao que se suma o que xa é una habitual nos momentos de choiva, o rebordamento do río Miñor en Gondomar.

Case 33.000 fogares continúan ainda sen luz en toda Galicia. Parroquias de Camos e Priegue continuaban esta mañá sen suministro de luz e sen hora para restablecer o servizo.

O Val Miñor non conta con ningún equipamento para a extinción de incendios

Correo-e Imprimir PDF

A pick-up tampouco conta con equipo de extinción de incendios
A noticia publicada onte puxo de manifesto as deficiencias e a precariedade coa que traballan os 11 bombeiros da mancomunidade do Val Miñor (GES) e a falta de protección que contan os veciños ante unha situación de emerxencia por lume.

O Val Miñor non conta con ningún equipo de extinción de incendios salvo varios extintores e unha sulfatadora. O servizo de extinción está sendo prestado polos bombeiros de Vigo e Porriño, según disponibilidade.

O alcalde de Nigrán, e presidente da mancomunidade do Val Miñor, Alverto Valverde,deféndese ante as críticas e asegura que o GES dispón dun vehículo lixeiro cunha bomba de auga para pequenos incendios, e anuncia a apertura dunha investigación para determinar se houbo algunha neglixencia na prestación do servizo.

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL