Venres, 8 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Xunta sancionará a Autoestradas de Galicia (Itínere) por retirar persoal das cabinas na autoestrada do Val Miñor

A Xunta sancionará a Autoestradas de Galicia (Itínere) por retirar persoal das cabinas na autoestrada do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
AP-9 Vigo - Baiona

 Os usuarios queixáronse de que nalgunhas zonas de cobro non había posibilidade de facer o pago manual.

A Xunta de Galicia sancionará á empresa Autoestradas de Galicia (Itínere), concesionaria das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57), por entender que incumpre o contrato ao retirar a persoal das cabinas de cobro de peaxes, segundo confirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

Hernández explicou que sancionarán á empresa. "O que estamos a facer é esixir a Autoestradas de Galicia o cumprimento do contrato. Non é de recibo que unilateralmente a concesionaria retire o cobro manual, mediante unha persoa, nas zonas de peaxe", reprochou o conselleiro.

Por tanto, agregou, "a consellería aplicou o contrato" e imporá unha sanción, aínda por determinar, á empresa, "despois do correspondente expediente sancionador".

"As autoestradas son un servizo público e vemos con preocupación que a empresa unilateralmente faga unha redución de cobradores da peaxe e cremos que é a nosa obrigación como reguladores esixir o cumprimento do contrato e esixir que os cidadáns teñan un servizo adecuado", concluíu o conselleiro.

Os usuarios queixáronse de que nalgunhas das zonas de cobro destas autoestradas non había posibilidade de facer pago manual -mantíñanse abertas cabinas para pago automático- nalgúns momentos do día, sobre todo, polas noites.