Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar intenta dar solucións ás fincas de Tomada aínda afectadas pola Autoestrada do Val Miñor.

Gondomar intenta dar solucións ás fincas de Tomada aínda afectadas pola Autoestrada do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Diapositiva1

O Concello de Gondomar comezará un estudo sobre a franxa de afección da Autoestrada do Val Miñor (AG-57) a seu paso polo núcleo de Tomada, na parroquia de Borreiros. A medida intenta solucionar os casos de varias fincas deste núcleo con parte das súas infraestruturas dentro da liña de dominio público O municipio, por decisión plenaria, deberá posteriormente incluír solucións a estes casos na redacción do PXOM (actualmente en tramitación), e solicitar as modificación pertinentes ante a Xunta de Galicia.

 

O estudo, que deberán iniciar os servizos técnicos de Gondomar, unha vez completado o núcleo de Tomada, deberán abocarse ao resto do trazado da autovía, segundo o aprobado no último pleno a partir dunha moción presentada polo concelleiro nacionalistas, Xosé Antonio Araúxo (Novo Proxecto Común).

Os traballos foron cualificados como "urxentes", por parte de Araúxo, quen advertiu que no caso de Tomada, "a traza da Autoestrada foi modificada nesa zona respecto do proxecto inicial". Puxo por exemplo o caso dunha vivenda a medio construír e con licenza municipal pero, "paralizada dende hai máis de dez anos por invandir uns poucos metros a devandita zona de afección".

O concelleiro nacionalista lembrou que a construción da Autoestrada do Val Miñor foi unha "obra imposta contra a vontade maioritaria da poboación e da maioría dos seus representantes públicos". Nese senso, agregou que " a faixa de afección nas propiedades lindantes coa Autoestrada (30 metros segundo a Lei de Estradas), e cuxos efectos perniciosos resultan evidentes toda vez que a Autoestrada do Val Miñor foi construída polo medio dunha Comarca altamente humanizada, atravesando barrios, parroquias e lugares densamente poboados, a Corporación Municipal de Gondomar pronunciouse en contra moitas veces". Nembargante a obra se fixo e " trouxo consigo multitude de inconvenientes e problemas para a veciñanza da Comarca, que despois de 20 anos seguen aínda sen resolver causándolle importantes prexuízos á poboación afectada", observou Araúxo.