Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

José Luis Outes (AGE): “Se o vindeiro 25 de maio non imos votar, outros o farán por nós”

Correo-e Imprimir PDF

jose-luis-outesJosé Luis Outes (Vigo 1943, xubilado), catedrático de Teoría económica da Universidade de Vigo, é un dos referentes fundamentais dos estudos económicos en Galicia sobre Banca Pública e Dinámica económica. Foi un dos economistas de Esquerda Unida activos nos anos 90 contra o acordo de Maastrich e as políticas económicas do BCE. Candidato nas municipais de 2011 por Esquerda Unida de Nigrán, acadou o 34,70% nas votacións desenvolvidas en toda Galicia para presentar á federal de IU de cara ás eleccións europeas. No momento do sprint final da campaña do 25M, VM.info conversou con este veciño do Val Miñor que preséntase como número dous na candidatura galega da Izquierda Plural.

Co conto de pedir a hora rouban o móbil a unha parella na Ramallosa a punta de navalla.

Correo-e Imprimir PDF

iphone-robadoUnha moza foi ameazada a punta de navalla por outras dúas na Avenida Manuel Lemos (PO 552) cando esperaba para ingresar a unha discoteca da zona. As agresoras non chegaron a ferila máis fixéronse cun teléfono móbil e lograron fuxir a pesar dos gritos da vítima.

Acto comarcal de Alternativa Galega de Esquerda en Europa este venres na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

carlosAGE desenvolverá o seu primeiro mitin da campaña electoral cara ás europeas este venres 16 de maio, ás 20 horas na Ramallosa. A actividade se desenvolverá fronte á capela de San Campio e contará coas intervencións do candidato ó Parlamento Europeo Carlos Lorenzo Simón, acompañado do deputado do parlamentar de AGE Juan Fajardo e o Vicecoordinador de Política Institucional de Espazo Ecosocialista Galego Manuel Dios. O acto será presentado por Xosé Crego, de Anova-IN.

Comedores escolares do Val Miñor: "Estamos a mexar plástico!"

Correo-e Imprimir PDF

bandexas-plasticas-iemEstamos a mexar plástico! A advertencia queda roldando unha sala ateigada de nais e pais con nenos que asisten aos comedores escolares do Val Miñor. A arrepiante alerta procede dunha conferencia do catedrático de Medicina da Universidade de Granada, Nicolás Olea Serrano, cuxo vídeo acaban de ver. Na mesma, o especialista que co seu equipo analizou máis de catro mil placentas procedentes de sete autonomías do Estado español, expón os resultados onde salienta o crecemento exponencial de doenzas nas crianzas por mor do consumo de alimentos contaminados por plásticos.

De seguido, o biólogo César Lema presenta un informe baseado nos datos aportados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), sobre as sustancias químicas que perturban a función endócrina (State of the Science of Endocrine Disrupting Chemicals), se conclúe que " moitas sustancias químicas sintéticas (a maioría procedente dos plásticos) cuxos efectos sobre o sistema hormonal aínda están por investigar poderían ter importantes repercusións na saúde".

As Mareas pola Educación Pública unifican mobilizacións: “12 meses, 12 loitas pola educación pública”.

Correo-e Imprimir PDF

ensino1As Mareas pola Educación Pública preparan un calendario unificado para toda España con mobilizacións a longo prazo para afrontar "o primeiro curso de aplicación da LOMCE e contra os recortes". Así o decidiron nunha xuntanza en Madrid na que participaron representantes do Val Miñor e Galicia xunto con outras Mareas, asembleas e colectivo do Estado. Tras analizar a situación pola que atravesa o ensino público nas distintas comunidades autónomas, acordaron a "urxencia" de elaborar un plan do loita con mobilizacións diversas, pero unitarias que terá como lema "12 meses, 12 loitas pola educación pública". O plan quere evitar as mobilizacións puntuais e promover un calendario "elaborado dende abaixo e debatido por toda a comunidade educativa", segundo a declaración conxunta emitida o pasado sábado 10 de maio.

Curro da Valga: a subvención do microchip chegou cun ano de retraso pero non impediu a festa.

Correo-e Imprimir PDF

curro da valga 5 2014As cabrestradas , corte de crinas e colocación de marcas comezaron pasadas as cinco da tarde do pasado domingo, cando os máis de 200 garranos xoteados dende a mañá ingresaron no curro amurallado da Valga (Oia).  Foi o primeiro do calendario de curros da Serra da Groba e o Val Miñor desta primavera. Único curro da bisbarra cuxos propietarios colocan dende o 2013 o polémico mirochip ás bestas, cumprindo a obriga do decreto equino , norma resistida polo restos das asociacións de propietarios de garranos do Val Miñor. Colectivo que segue á espera da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o recurso presentado contra esta normativa.

Unha nova andaina na Serra do Galiñeiro pedirá a súa declaración como parque natural

Correo-e Imprimir PDF

iv-andaina-ciclistaEste fermoso espazo natural enfrontase a dúas graves ameazas; un parque eólico e a actividade mineira de empresas transnacionais. A V Andaina Serra do Galiñeiro terá lugar o vindeiro domingo 11 de maio a partir das 10:30 horas dende a Ermida das Neves.

O xornalista miñorano, David Reinero, gaña o premio Xosé Aurelio Carracedo con “Angrois: o AVE en anacos”

Correo-e Imprimir PDF

52f8a831b5cf7-reineroportadaO traballo premiado, titulado Angrois. O AVE en anacos, editado por Praza Pública, recolle o labor xornalístico realizado polo autor sobre o accidente ferroviario de Angrois na edición galega de El País. O xornalista David Reinero (Nigrán, 1979) está especializado en política e infraestruturas. Traballa para o diario El País logo de pasar por Xornal de Galicia, o Departamento de Comunicación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e por Atlántico Diario. Ten colaborado con outros medios de comunicación así como co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)

A negativa da Xunta de ampliar a Rede Natura 2000 deixará fóra desta protección á metade da Foz do Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

foto417As posibilidades de mellorar a calidade medioambiental da "Doñana Galega", a Foz do río Miñor, quedarán hipotecadas unha vez máis de confirmarse a negativa da Xunta de Galicia para ampliar o zona protexida de Rede Natura 2000.

Coa metade do esteiro fóra desta área de protección, o colectivo ecoloxista A Groba advirte que a “nefasta” proposta de xestión do goberno galego afondará os problemas ambientais na zona, ao manter unha subdivisión de ecosistemas e hábitats que restan “potencialidade de futuro á superficie que xa existe baixo formas de protección”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL