Domingo, 10 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A negativa da Xunta de ampliar a Rede Natura 2000 deixará fóra desta protección á metade da Foz do Miñor.

A negativa da Xunta de ampliar a Rede Natura 2000 deixará fóra desta protección á metade da Foz do Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
foto417
Download this file (NP Rede Natura 2000.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

As posibilidades de mellorar a calidade medioambiental da "Doñana Galega", a Foz do río Miñor, quedarán hipotecadas unha vez máis de confirmarse a negativa da Xunta de Galicia para ampliar o zona protexida de Rede Natura 2000.

Coa metade do esteiro fóra desta área de protección, o colectivo ecoloxista A Groba advirte que a “nefasta” proposta de xestión do goberno galego afondará os problemas ambientais na zona, ao manter unha subdivisión de ecosistemas e hábitats que restan “potencialidade de futuro á superficie que xa existe baixo formas de protección”.

A Foz do río Miñor so está incluída na Rede Natura 2000 dende a Ponte da Ramallosa ata mar,  pero a outra metade que abrangue o interior da conca do río e que contén os mesmos valores carece desta salvagarda legal, segundo o informe presentado en 2012 por Salvemos Monteferro ao Parlamento europeo.

Un novo informe elaborado por A Groba sinala que a ausencia dunha xestión integral da conca repercutirá na sostenibilidade e a conservación dos hábitats. “Isto é outra mostra máis da pouca atención e pouca claridade de obxectivos da política ambiental da Xunta”, advirten. Agregan que o mapa que os Espazos Natura 2000 da Consellería mostra espazos” da área litoral, humedais e corredores fluviais desconectados completamente”.