Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Comisión Europea investigará os altos índices de contaminación da "Doñana galega" da Foz do Miñor

A Comisión Europea investigará os altos índices de contaminación da "Doñana galega" da Foz do Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Foz do Miñor - LIC Rede Natura 2000
A franxa de vermella indica clasificación de ZONA C, a franxa azul indica clasificación ZONA PECHADA ao marisqueo. Fonte: Xunta de Galicia. Elaboración: Salvemos Monteferro
Verquido de fecais en Sabarís
Access this URL (http://www.salvemosmonteferro.org/descargas/RespostaBruselas.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

O Parlamento Europeo admite a trámite a denuncia de Salvemos Monteferro polos altos índices de contaminación na Foz do Miñor e solicita a investigación da comisión Europea.

A Foz do Miñor é unha das dúas únicas zonas pechadas ao marisqueo en toda España polos seus altísimos niveis de contaminación por augas fecais. Nos últimos 10 anos a contaminación aumentou nun 800%.

Os índices desproporcionados de contaminación da Foz do Miñor contrastan cos criterios medioambientais da ADEAC para concederlle ao seu paseo litoral unha bandeira Azul.

A asociación Salvemos Monteferro de defensa medioambiental, iniciou en 2011 o trámite de denuncia ante o Parlamento Europeo dada a nula efectividade dos órganos xudiciais españois nas reiteradas denuncias que acumula este enclave.

Os altos índices de contaminación desta zona de alto valor ecolóxio e de biodiversidade, obrigaron á declaración de Zona Pechada  ao marisqueo e o seu peche definitivo pese ás tentativas da actual administración autonómica en realizar probas experimentais para ver a posibilidade de depurar os moluscos contaninados nunhas bateas na ría de Ferrol que non conseguiron, polo de agora, depurar o marisco miñorán. 

O informe presentado por Salvemos Monteferro recolle análises e datos de diversos organismos oficiais, entre eles o Instituto Tencolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) e a propia Xunta de Galicia.

Desas análises conclúese que o 85% das ZONAS C (zonas pechadas ao marisqueo por contaminación) de todo o Estado español, atópanse en Galicia, así como o 52.58% das ZONAS B e tan só o 7,14% das ZONAS A pondo de manifesto sobre a falta de a calidade das depuradoras galegas. Comunidades como Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares, Murcia ou Asturias, non teñen ningún espazo catalogado como ZONA C. As únicas zonas pechadas están localizadas en Galicia, en concreto na ensenada de Caranza en Ferrol e a Foz do Miñor no Val Miñor.

A particularidade da Foz do Miñor, en comparación á ensenada de Caranza,  é que é un espazo catalogado como LIC Lugar de Interese Comunitario, que pertence á Rede Natura 2000 sendo un humidal refuxo de fauna de especies ameazadas e unha zona protexida pola Lei de Costas, o Plan Xeral de Explotación Marisqueira e a Lei de Augas de Galicia. Suficientes galardóns como para que o concello de Nigrán, durante a pasada celebración do "Día dos humidais" denominase a este lugar como "A Doñana Galega" ainda que detrás dela, a realiade pon de manifesto un escandaloso "vertedoiro intestinal" no que os tres concellos, Baiona, Gondomar e Nigrán son culpables ainda que de xeito desigual.

O informe, que se pode consultar na web da asociación ecoloxista, contrasta coas recentes declaracións do alcalde de Baiona en relación á calidade das augas e á supostas melloras dende a instalación da depuradora. O rexedor baionés saía así ao quite do último informe da Axencia Europea de Medioambiente alegando que o resultado do informe era negativo motivado polo cómputo das análises nos últimos catro anos, e que apartir deste ano as cifras melloraría. 

Os datos estatísticos.

No caso concreto da Foz do Miñor, lonxe de mellorar os datos dende o 2010 ata o 2011, os niveis de concentración por E. Coli por cada 100gr. de molusco pasaron dos 20.000 aos 160.000 E.Coli, o que supón un incremento do 800%.  Unha zona  é pechada ao marisqueo cando supera os 46.000 E.Coli pero os datos actuais da Foz casi cuatriplican os límites estipulados pola normativa.

A posta en funcionamento da EDAR de Gondomar

Dende o concello de Baiona nunca se dubidou en sinalar directamente á depuradora de Gondomar como o principal causante da retirada da bandeira azul na praia de Ladeira, así como do peche ao marisqueo da Foz do Miñor, pero a realidade é que a propia Baiona tamén contribúe a estes índices de contaminación. Así aparecen sinalados numerosos puntos na zona de Sabarís onde as augas fecais se verten directamente á Foz, e o que deberían ser puntos de evacuación por augas fluviais, son constantes aportes de augas fecais á este espazo natural. Puntos sinalados como o regato que discorre paralelo á Avda. Foz do Miñor e que desemboca na ponte aledaña ao un supermercado de Sabarís e o que discorre por detrás do centro antena e mirador de fauna situado na casa rosa á entrada de Julián Valverde, son os principais focos de aporte de contaminación según varias análises realizadas. 

Outros focos importantes de contaminación atópanse repartidos zona de Borreiros , en Gondomar, como na Ramallosa onde os aportes de augas fecais son contínuos como puido constatar valminor.info recentemente durante a pasada tempada de seca.

Un mapa interactivo amosa un percorrido sobre Google Maps sobre os principais puntos de verquido

Salvemos Monteferro apunta como motivo da alta contaminación "ás verteduras que se suceden con total impunidade, a pesar da abundante, variada e inútil lexislación vixente". 

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

 

Dim lights Embed Embed this video on your site