As obras de humanización na Avenida Julián Valverde en Sabarís, non servirán para poñer fin ao problema de aportes de augas fecais ao esteiro da Foz do Miñor.
A Foz leva dende o ano 2004 pechada ao marisqueo por contaminación por augas fecais, tema que está sendo investigado pola Comisión Europea trala denuncia do colectivo ecoloxista Salvemos Monteferro ante a ineficacia das administracións locais e autonómica.
"As obras de Julián Valverde non se aproveitarán para facer as conexións das vivendas existentes nesta zona á rede de sumidoiros" afirmou Isabel Domínguez esta mañá nun comunicado onde critica a pouca antelación coa que foron informados sobre a visita do Conselleiro de Medioambiente e Infraestructuras, Agustín Hernández, ás obras de Sabarís. Outras fontes consultadas por valminor.info confirman esta información que aseguran que os propios responsables da concesionaria, Espina e Delfin, deron "a calada por resposta" ante a pregunta de si estába contemplado a revisión dos enganches de augas fecais das vivendas desta avenida.
O portavoz de Salvemos Montferro, Angel Reigosa, afirmaba onte a valminor.info que "nestas actuacións é onde realmente se ve a real preocupación e vontade que teñen os políticos polo medioambiente". Os ecoloxistas consideran inadmisible que o concello gaste 1 millóns de euros nunhas obras que contempla a reposición da estrutura de saneamento de Sabarís, e se neguen a por en orde todas as vivendas e empresas que están vertendo augas fecais á rede de pluviais ou directamente áo esteiro da Foz do Miñor, un espazo natural protexido e Rede Natura 2000. "Eu podo entender, ainda que non comparto, que un alcalde aposte pola economía ou pola industrialización en detrimento do medioambiente como estratexia da súa politica municipal. Pero o que non se pode entender é que ainda de machacar o mediaombiente, ainda por riba, queiran porse as medallas do ecoloxismo, do mediambiente e da sustentabilidade. Isto é unha burla a todos os cidadáns".
Noutro punto da política municipal medioambiental, Reigosa considera un engano contínuo a información difundida dende os concellos sobor dos distintivos de calidade das "Bandeiras Azuis" que lucen nalgunhas praias do Val Miñor."Non se pode concebir que unha asociación como é a ADEAC, que dice ser de educación ambiental, considere como requisito para outorgar un galardón, que haxa que facerlle unha limpeza mecánica aos areais de xeito diario, como quen lle pasa a aspiradora á alfombra da súa casa. Están reventando toda a biodiversidade dos areais onde xa non quedan nin pulgas de mar. " Os ecoloxistas non entenden como é posible que o paseo da Foz poidera obter un galardón de Sendero Azul cando se segue vertendo augas fecais e onde incluso os operarios municipais podan e coidan especies botánicas invasoras como a cortaderia seollana.
Isabel Domínguez, portavoz dos socialistas de Baiona, tamén amosou a súa preocupación neste senso. "Agardamos que o Conselleiro, como responsable das obras e de Medio Ambiente, inste á empresa adxudicataria da obra e ao concello de Baiona para que se realicen as conexións á rede de sumidoiros de todas as edificacións existentes, para evitar os verquidos ao esteiro da Foz, de xeito que se poida recuperar a calidade das augas para o marisqueo e para garantir a saúde dos baiñistas nun municipio que presume de excelencia turística"
Retraso nas obras.
Dominguez criticou o retrasos nas obras e o escaso persoal que traballa nas mesmas. "A razón alegada para realizar as obras en pleno verán, cos prexuízos económicos e molestias que isto supón, era a urxencia de realizar as obras dentro da anualidade, o que non se corresponde coa marcha lentísima das obras, na que apenas hai xente traballando."
Dende o PSOE de Baiona solicitan ao conselleiro e ao propio concello que se incremente o persoal operario nas obras para cumrpir cos prazos e acortar ao máximo posible as molestias económicas que está causando aos comerciantes da zona.
Dim lights Embed Embed this video on your site