"Xordos por culpa dunhas tapias" Veciños de Sabarís quéixanse de que levan dous meses solicitando ao concello de Baiona o selado de varias tapias de alcantarilllas.
O paso dos vehículos sobre as tapias soltas, provocan molestias contínuas aos veciños da zona.
Catro son as tapas que provocan o molesto ruído metálico ao paso dos coches. A primeira sitúase á altura da igrexa de Sabarís, na Avda, Julián Valverde, a segunda tamén na mesma avenida chegando á ferretería da zona, a terceira e a cuarta estaría na subida a Viso de Calvos, ainda que dúas máis atópanse na confluencia coa urbanización Brisa Romana, onde o Centro Cívico de Sabarís.
"Levo dous meses rogando literalmente á concellería de Medioambiente do Concello de Baiona que por favor veñan a colocar unhas gomas nunha tapa de alcantarilla que leva meses solta, e único que recibo son excusas" "Non podemos durmir polas noites, porque nos despertamos sobresaltados cada vez que un coche pasa por rriba das tapas, e a convivencia no día a día é insoportable. Non podemos ter as ventanas entreabertas porque acabas con dor de cabeza do ruído contínuo".
A solución a este problema é sinxela, bastarían coa colocación de catro trozos de goma neumática para amortecer o ruido e minimizar así o molesto "traqueteo" das tapas metálicas.
Segundo sinalan, as obras que se están a realizar no tramo de Avda. José P. Troncoso e a rotonda do camping está a desviar o tráfico que soporta esta zona. A isto hai que sumar o cambio de dirección única realizado na Avda. julián Valverde que para os non residentes que acuden guiados polos GPS acaban subindo a estrada cara a San Cibrán. "O tráfico aumentou exponencialmente co cambio do sentido único de Julián Valverde, raro é o día que un trailer ou unha roulotte non chegan ao cruce e non lles queda outra que subir hacia Viso de Calvos para intentar dar volta. As caravanas ainda tal, pero os trailers o teñen moito máis complicado. Con isto o que pretendo facer ver é que este cruce acumula más tráfico que nunca polos motivos indicados e é responsabilidade do concello minimizar o impacto acústico cos mecanismos que teñen."
Quéixanse tamén do que, ao seu entender, supón un erro de planificación do trazado das obras. "Non logro entender como se invirte 1 millón de euros nunha obra, con beirarrúas de granito, e os responsables técnicos de turno non pensen no descanso dos habitantes da zona colocando todas, absolutamente todas as alcantarillas na liña de rodaxe dos vehículos. E non falamos de 4 nin 5 alcantarillas. Esa liña de tubaxe tiña que estar colocada no medio e medio do paso dos coches. Cae de caixón "
O concello de Baiona non da solucións.
"Non é a primeira vez que chamo por este motivo pero logo de dous meses a situación se volve insostible, máxime cando ves que o concello dache largas e ponche unha desculpa cada vez que chamas. A última chamada foi rogándolles desesperadamente que colocaran as gomas porque é insoportable." "Non alcanzo a entender como alto tan sinxelo como colocar 4 gomas non se pode facer dun día para outro tendo a rúa chea de obreiros das distintas contratas. Diputación, e as dúas contratas das obras de Sabarís" sinala este veciño.
"A primeira semán prometéronme que daban aviso a vías e obras para colocas, a segunda semán que volvían a pasar aviso, a terceira semán non había ninguén en medioambiente porque estaban de vacacións, a cuarta que volvían a dar aviso, á quinta que deran aviso pero que habían colocado as gomas no cruce da urbanización brisa romana, á quinta semana que non podían colocalas porque tiñan pensado asfaltar o cruce e entón xa as arreglarían, á sexta semán desistín de chamar pero fun comprobar se era certo que selaran as tapas de Brisa Romana e era mentira. Alí seguen facendo ruído".
Non é a primeira vez.
A situación deste tramo que conta cun total de 13 tapas de alcantarillado nas inmedicacións do cruce, non é un caso illado, este veciño apunta que o pasado inverno chamou varias veces á policía local porque na mesma avenida outra tapa estaba solta e era un perigo para os coches. "A arqueta de cemento estaba desfeita e vin como a tapa levantouse 1 metro do chan ao pasar un coche. Un deles levou un golpe na porta ben grande, pero era tal o ruído da alcantarilla ao caer no chan que nin se enterou. A policía local acudiu e colocou un cono que non durou unha noite, ao día seguine había un rapaz co coche clavado dentro da alcantarilla".
O concello Baiona estaría incumprindo a normativa referente á contaminación acústica.
O concello estaría incumprindo varios puntos da súa propia ordenanza Municipal de Convivencia Cidadá relativa á contaminación acústica aplicable a: "tódolos espazos públicos da vila, como rúas, vías de circulación, beirarrúas, prazas, avenidas, paseos, parques, xardíns e demais espazos ou zonas verdes ou forestais, pontes, túneles e pasos subterráneos, aparcadoiros, fontes e estanques, edificios públicos e demais espazos destinados ó uso ou ó servizo público, así como a construccións, instalacións, mobiliario urbano e demais bens e elementos de dominio público municipal situados en aqueles."
A ordenanza cita rexirse, entre outras, polo cumprimento do Decreto 320/2002, de 7 de novembro da Xunta de Galicia que no Capitulo II Arti4 relativo ás medidas de prevención " Nos traballos de execución do planeamento urbano e de autorización e realización de todo tipo de actividades e servicios deberá contemplarse a súa incidencia na xeración de ruídos e vibracións, para que se garanta que os usos e actividades permitidos facilitan o nivel máis axeitado posible de calidade de vida, reducindo a niveis aceptables a contaminación acústica, nos termos e condicións previstos na Lei 7/1997, do 11 de agosto, e no Decreto 150/1999, do 7 de maio, que a desenvolve, e das prescricións contidas neste regulamento." que obriga a prestar especial atención na "Planificación e proxecto de vías de circulación cos seus elementos de illamento e amortecemento acústico."
Noutro dos puntos do citado decreto, Art. 20 relativo ás restriccións de circulación especifícase que "nos casos nos que o ruído do tráfico afecte notoriamente a tranquilidade da poboación, o concello poderá sinalar zonas ou vías nas que algunhas clases de vehículos de motor non poderán circular ou deberán facelo de xeito restrinxido en horario e velocidade." Ou o Art. 26º. "A producción de ruídos e vibracións na vía pública, nas zonas de pública concorrencia ou no interior dos edificios, non poderá superar, tanto de día como de noite, os límites establecidos nesta norma para garantir unha correcta convivencia cidadá."
As sancións aplicables polo inclumiento do Decreto dependen da gravidade do feito, e van dende os 60 € até os 60.000€.
Dim lights Embed Embed this video on your site