Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

A deputación de Pontevedra pagou 300.000 euros en ceas, publicidade e promoción da Vuelta

Correo-e Imprimir PDF

Rajoy, Feijóo e Louzán dan a saída de La Vuelta 2013/ José ChazoO presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, botou a casa pola fiestra durante a pasada edición de La Vuelta. E que só para os gastos de publicidade, mercadotenia, promoción e comidas destinou máis de 296.000 euros. E iso sen contar o custe da famosa batea desde a que saíu a carreira  --que se fixo para a ocasión-- e o do patrocinio desta edición ciclista.

Deteñen a un mozo de 22 anos como presunto autor do incendio de Pinzás

Correo-e Imprimir PDF

Un mozo de 22 años foi detido este xoves acusado dun delito de incendio forestal continuado, tal e como informaron a Europa Press fontes da investigación.

O pasado mes de xuño xa se lle imputara a autoría de 16 incendios forestais.

Brigadas e medios aéreos combaten un lume de grande intensidade en Malvas, preto do monte Aloia.

Correo-e Imprimir PDF

tebra aloia-Un lume de gran intensidade desátase desde ás 15: 55 horas detrás da Paraguda en Malvas, preto do Monte Aloia.
-A zona rexistra a terceira xornada con lumes iniciados en distintos focos , na veciña parroquia de Peitieiros que leva consumidas próximo a 30 hectáreas.

Deteñen ao presunto autor dos incendios en Oia e o Baixo Miño.

Correo-e Imprimir PDF

incendio oiaUn home de 74 anos e residente no concello foi detido como presunto causante do incendio que arrasou case 2000 hectáreas de monte na Serra da Groba, segundo acaba de dar a coñecer o xornal Faro de Vigo.

Antonio Rodríguez Giráldez, veciño de Oia de 74 anos adicado ao pastoreo na zona.

Usuarios do transporte público mobilízanse na procura de solucións aos recortes de servizo no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

-Máis dun centenar de usuarios da bisbarra conforman unha plataforma de defensa do transporte público
-O BNG presenta escrito ao alcalde de Gondomar para que o Concello ratifique o acordo da Mancomunidade para a mellora das liñas de transporte.

Afectados pola supresión de liñas de ATSA no Val Miñor convocan unha asemblea aberta en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ASEMBLEA-ATSA-001Gondomar segue a sufrir o recorte nas liñas de autobuses da empresa ATSA que deixou ao concello con tan só 8 quendas diarias a Vigo. A pesar das ameazas da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de multar á empresa por esta decisión unilateral, a mesma mantén a medida. Nese senso, un grupo de usuarios decidiu facer unha convocatoria ca fin de reunir ás persoas afectadas nunha asemblea aberta que terá lugar o vindeiro sábado 7 de setembro ás 20:30 horas no Centro Neural de Gondomar, a poucos metros da terminal de autobuses.
Os usuarios queren analizar a situación, valorar as consecuencias así como unha serie de medidas a tomar co xeito de reverter a decisión da concesionaria.

Convocan concentración comarcal “En defensa do pobo sirio” para o vindeiro xoves en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

Diversos colectivos sociais, sindicais e partidos políticos da área metropolitana convocan a unha concentración "En defensa do pobo sirio", que terá lugar en Vigo este xoves, día 5, ás 20 horas, no museo do Marco. Durante o acto terá lugar a lectura dun manifesto asinado por AGARB-ANOVA — Asemblea Republicana de Vigo — BNG — CIG — Colectivo Imán-CEDRO — Construíndo a Esquerda — Coordinadora Bolivariana-Vigo — CUT / El Militante — Esquerda Unida — F.P.G. — Federación de Veciños de Vigo — Galiza Nova — HOAC — Isca! — Izquierda Socialista — Liga Estudantil Galega — Mar de Lumes — NOS-UP — Nova Esquerda Galega-Compromiso coa Esquerda — P.C.G. — PCPG — Sindicatos de Estudantes — Xuventudes comunistas .

A deputada Carme Adán insta á Xunta de Galicia a intervir no tema das reducións do transporte público no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

carme adan-Propón a creación dun billete metropolitano e de tarifas reducidas para usuarios habituais, estudantes e xubilados
-O servizo do transporte no concello de Gondomar empeora dun xeito drástico, despois de que a empresa adxudicataria recortase a frecuencia das liñas nun 50%

Alberto Valverde afirma que a Xunta non autorizou a redución de quendas feita por ATSA no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

atsa-O rexedor popular culpa ao seu par Abel Caballero polos atrancos no establecemento dunha política de transporte metropolitana.

-O alcalde de Nigrán e presidente da Mancomunidade do Val Miñor pide ao BNG que fale co seu “socio” en Vigo, para solucionar a conformación do organismo supramunicipal.

O alcalde de Nigrán e actual presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Alberto Valverde, rexeita a redución de liñas de ATSA. Afirma que as mesmas foron acometidas sen autorización da Xunta de Galicia á vez que pide ao goberno autonómico “que agilice al máximo los trámites administrativos pertinentes, con el fin de reducir a la mínima expresión el perjuicio que esta reestructuración de líneas, no autorizada por el gobierno autonómico, genera entre los vecinos de Nigrán y de todo el Val Miñor”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL