Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Detido un veciño de Baiona tras ameazar de morte a súa parella e a unha patrulla policial en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

-“Ya me denunció esa hija de puta, la voy a matar y a vosotros también con un tiro en la cabeza” ameazou J.V.V  (veciño de Baiona) aos axentes da policía local de Nigrán cando intentaban deterllo tras ser denunciado por agredir a súa parella.

A plataforma de defensa da sanidade pública do Val Miñor pide á cidadanía que salga hoxe á rúa.

Correo-e Imprimir PDF

Manifestación en Santiago83,18%. Esa é a cifra do seguimento da folga da sanidade en toda Galicia segundo os datos facilitados pola coalición formada polos sindicatos profesionais independentes CESM-O'MEGA. Uns datos que a Xunta rebaixa ao 20%.

Segundo estes datos; na Coruña o seguimento da folga está a ser do 81,6%, en Pontevedra do 82,6%, Lugo do 81,6% e en Ourense do 86,75% . Por áreas sanitarias, isto é os propios hospitais e os centros de Atención Primaria, o seguimento da convocatoria de folga é do 86% na Coruña, do 82% en Santiago, do 81% en Pontevedra, do 92% no Salnés, do 82% en Vigo, do 90% en O Barco, do 78% en Lugo, do 91% en Monforte e Burela, e do 95% en Ourense.

Anulan o pleno da Mancomunidade do Val Miñor de abril por impedir ingreso de dous edís da oposición

Correo-e Imprimir PDF

A xustiza declara nulo o pleno da Mancomunidade do Val Miñor do pasado 30 de abril por entender que foron violados os dereitos fundamentais de dous concelleiros da oposición aos que a policía impediu ingresar á sesión que se estaba a desenvolver no Concello de Baiona. A medida xudicial abrangue a nulidade dos acordos adoptadas nesa data, entre as que se atopan os orzamentos do órgano comarcal. Os feitos denunciados tiveron lugar cando un operativo da Garda Civil e as policías locais dos tres concellos foran convocadas pola Mancomunidade para vixiar unha concentración das plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas para ese día diante da praza do Concello.

Cinco familias do Val Miñor participarán nun voo solidario aos campamentos de refuxiados en Tinduf

Correo-e Imprimir PDF

saharahui-na-ColleiraO próximo sábado día 30 de novembro cinco familias do Val Miñor viaxan aos Campamentos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria, para pasar unha semana de convivencia coas familias dos nenos e nenas que veñen acollendo cada verán nas súas casas dentro do programa “ Vacacións en Paz “

Piden a colaboración cidadá para atopar o coche que arrollou a un veciño de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Rúa O Grove, onde tivo lugar o accidente
O accidentado pide a colaboración cidadá para dar co conductor ou conductora dun Ford Fiesta do ano 2008 que o pasado 15 de nomvembro o arroiou e deuse á fuga.

Juan Carlos Soto, veciño de Nigrán, circulaba pola rúa o Grove, fronte ao Alcampo de Coia, cando o vehículo infractor invadiu o seu carril en dirección contraria e impactou de fronte conta a súa motocicleta.

O IEM restaura a lápida do represaliado descoñecido soterrado no cemiterio civil de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

lapida-restauradaOs restos do represaliado descoñecido exhumado en 2009 na fosa número 2 de San Xián descansan novamente no cemiterio civil de Nigrán. Grazas ó labor de colaboradores e voluntarios do Instituto de Estudos Miñoranos foi posible dignificar e restaurar a sepultura onde foi depositado no ano 2010, tras aparecer esta meses atrás, desfeita e en malas condicións

Afectados polo transporte público Vigo - Val Miñor convocan a unha xuntanza en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

A Plataforma de afectados polo transporte público convoca a unha xuntanza informativa para este sábado 2 de novembro ás 19 horas no Centro Neural de Gondomar.

O PP vota no parlamento galego a favor da reducción das frecuencias de ATSA

Correo-e Imprimir PDF

Empresa ATSA presta o servizo de transporte público entre o Vla Miñor e Vigo- O PP admite no parlamento galego que permitirá a ATSA reducir un 35% as liñas no Val Miñor.

- Esta afirmación do deputado popular Alejandro Gómez Alonso, contradí totalmente o discurso dos alcaldes de Nigrán e Gondomar que sostiveron nos seus respectivos plenos que non admitirían unha redución de ningún tipo.

- A deputada Carme Adán (BNG) encargada de levar proposta non de lei ao parlamento galego , acusou aos populares de practicar o dobre discurso, "pois din unha cousa nos concellos que gobernan (Baiona, Gondomar e Nigrán) e “logo no parlamento fan o contrario”.

ANOVA presenta un plan alternativo de mobilidade sen peaxes na AG-57 e un billete único metropolitano.

Correo-e Imprimir PDF

universidade-bus-Os nacionalistas rexeitan un posible “rescate” da Xunta ás concesionarias das autoestradas e propoñen converter a AG-57 nunha vía de uso interno para a comarca do Val Miñor.

-ANOVA reclama o billete único metropolitano que favoreza a comunicación do Val Miñor coa cidade de  Vigo, co Campus da Universidade, co futuro hospital de Valadares, coa Louriña, co Baixo Miño, ou mesmo co Morrazo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL