Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

As contas 2012 de Mancomunidade do Val Miñor en período exposición pública.

Correo-e Imprimir PDF

Logo de ser ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas o pasado 31 de xullo a Conta Xeral da Mancomunidade do Val Miñor correspondente ao exercicio 2012, ingresa no seu período de exposición pública. Durante 15 días hábiles poderán ser consultados nos Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, e contarase con 8 días máis para formular reclamos, observacións ou reparos ás mesmas.

Actualización - As contas só están dispoñibles ao público na oficina da mancomunidade na rúa Ventura Misa 19, entre as 9 e as 14 horas

Timo da revisión da instalación do butano no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Tarxeta identificativa utilizada polos estafadores.Veciños do Val Miñor informan que hai un home xoven rondando as casas da comarca coa intención de realizar unha suposta revisión da instalación de gas.

O obxetivo destes estafadores son persoas maiores, principalmente soas por seren máis vulnerables.

Este tipo de reparacións só adoitan realizarse previo aviso pola compañía oficial, polo que toda actuación da que non se informou ao cliente con anterioridade pode tratarse dunha acción ilegal.

O pleno da Mancomunidade aproba unha moción para a mellora do servizo de transporte metropolitano

Correo-e Imprimir PDF

O pleno acordou solicitar a posibilidade de trasbordos entre distintas empresas.O pleno da Mancomunidade celebrado o pasado luns, aproba por unanimidade unha moción presentada polo BNG para a introudcir melloras no servizo de transporte metropolitano realizado pola empresa concesionaria ATSA.

A moción foi levada adiante cos votos favorables do PP, BNG e CDL, ante a ausencia dos representantes do PSOE.

O BNG oponse á suba nas tarifas da piscina mancomunada

Correo-e Imprimir PDF

piscina-mancomunada-val-minA maioría popular levará unha moción ao próximo pleno da mancomunidade para incrementar nun 1,4% as tarifas da piscina mancomunada do Val Miñor. A mesma fundaméntase na aplicación automática do IPC anual. Pola súa banda, o BNG anuncia que se opoñerá ao devandito incremento por entender que viola o prego regulador da concesión. A postura dos nacionalistas está sustentada nun informe da Intervención que argumenta no mesmo sentido, pois non corresponde a aplicación automática do IPC, xa que o Prego regulador da concesión "sinala con claridade meridiana que para a determinación da cuantía da revisión teranse en conta o incremento dos gastos de persoal e o dos demais gastos de xestión", segundo afirma o concelleiro Xavier Rodríguez (BNG Nigrán).

Novo vertedoiro clandestino de entullo en Peitieiros que eleva a 183 o número destes enclaves ilegais no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

entullo-O sistema de seguimento de vertedoiros de entullo ilegais espallados no Val Miñor desenvolvido pola Asociación A Groba chega aos 183 “puntos negros”.

-Os ecoloxistas acaban de presentar unha nova denuncia ante o Concello de Gondomar e o Seprona pola  aparición de entullo de obra nunha pista forestal da parroquia de Peitieiros.

- Varios camións de entullo de obra atópanse espallados en O Xesteiro, con materiais como azulexos, formigón, ladrillos, ferros e cables.

O (in)certo futuro do Talaso Atlántico de Oia

Correo-e Imprimir PDF

talaso-Este hotel-balneario, cunha orde de derrubo pendente desde o 2009, segue a súa actividade con normalidade. Conta co apoio explícito dos alcaldes e dos empresarios da zona. O seu propietario confía en que Feijóo "tome cartas" no asunto. Galiza Non se Vende critica a implicación política nunha decisión xudicial.

300 persoas marchan polos areais de Nigrán en defensa do ensino público

Correo-e Imprimir PDF

Cadea humana contra a LOMCE300 persoas, entre pais e alumanado, asistiron o pasado sábado a un acto de protesta convocados pola Coordinadora de Centro de Ensino do Val Miñor.

Os manifestantes formaron unha "cadea humana" para facer visible a súa oposición aos recortes e á nova lei de educación LOMCE.

O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

Plataforma-Ria-de--VigoA contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.

Convocan para o sábado 15 de xuño unha “Cadea Humana” en Praia América en defensa do ensino público.

Correo-e Imprimir PDF

marea negra val minor3-A Coordinadora de Centros do Val Miñor impulsa un novo acto multitudinario tralo éxito na comarca da "Marea Negra".
-Unha cadea humana formada por estudantes, profesores e as persoas que se acheguen, partirá do busto de Manuel Lemos para espallarse ao longo do Lourido.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL