Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

18 meses de cárcere e 845.664 euros en multas para a ex-concelleira de educación de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Ana Costas Abalde (PP) ex-concelleira de EducaciónA ex concelleira de Educación de Nigrán Ana Costas Abalde (PP) deberá pagar ao erario público un total de 845.664 euros entre multas e unha indemnización tras ter sido condenada por delitos de falsidade en documento mercantil e fraude fiscal.

A sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Vigo tamén a condena a 18 meses de prisión e á perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas e incentivos fiscais por un período de tres anos e medio.

Marea Verde polo ensino público este sábado na Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe doutra mobilización en marzo de 2013O colectivo Marea Verde do Ensino convoca a unha concentración na Ramallosa o próximo sábado 22 de febreiro en defensa do ensino público.

Baixo o lema "Palabras nas pontes" os colectivos educativos da comarca mobilizaranse novamente para defender o sistema público de ensino "condición indispensable dunha sociedade democrática e igualitaria." e para insistir na  urxencia de construír un novo modelo educativo capaz de responder ás necesidades do presente, coa participación de toda a comunidade e dende a base.

De Nigrán a Europa: o catedrático José Luis Outes candidato galego á lista federal de IU nas europeas.

Correo-e Imprimir PDF

jose-luis-outes- Profesor de Teoría Económica da Universidade de Vigo e candidato nas municipais de 2011 por Esquerda Unida de Nigrán, José Luis Outes acadou o 34,70% nas votacións desenvolvidas en toda Galicia para presentar á federal de IU de cara ás eleccións europeas.

Val Miñor: Por alerta laranxa a Xunta suspende para este venres as actividades no exterior dos centros educativos.

Correo-e Imprimir PDF

chano-pineiro- Atendendo a unha posible declaración de nivel vermello de alerta meteorolóxica ou "a circunstancias que o aconsellasen", os directores dos centros quedan autorizados a suspender totalmente a actividade docente.
- A suspensión foi determinada pola Comisión Escolar de Alertas e comprende a todos os centros educativos de Galicia, agás no sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, para este venres 14 de febreiro.

Seguimos co mal tempo

Correo-e Imprimir PDF

O vento tumbou onte unha árbore en Patos - Foto YankaOnte unha ábore desplomouse nas inmediacións da estrada pola vía en Patos Nigrán. Cabo Silleiro rexistraba ventos de 115 Km/h

Durante a xornada un novo sistema depresionario moverase rapidamente polo atlántico, moi preto de Galicia, mantendo un réxime de chuvias e ventos fortes principalmente pola noite cando unha nova fronte se achegará polo oeste.

Durante o día predominarán os ceos anubrados con chuvascos, máis frecuentes nas provincias atlánticas, que aínda nas primeiras horas serán de neve en cotas arredor dos 1000 metros.

Nova alerta vermella no mar. Petra causa estragos no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Rio Miñor ao seu paso por Toucido Gondomar - Foto 1punto1 FotografíaO mércores Galicia quedará nunha zona de transición á espera dunha nova fronte que nos afectará na madrugada.

Así, continuaremos cun réxime de ventos do sudoeste, que deixarán unha xornada de intervalos anubrados con chuvias de carácter intermitente. A cota de neve estará arredor dos 900 metros nas primeiras horas subindo rapidamente a 1200 metros pola tarde.

Novo temporal e nova alerta laranxa por rachas de vento

Correo-e Imprimir PDF

Foto 1punto1 FotografiaGalicia atoparase dende hoxe martes na influencia dunha profunda borrasca que deixará un novo episodio de ventos moi fortes en toda a Comunidade e chuvias intensas en Pontevedra.

A alerta laranxa exténdese á costa e interior e mañá tornará a unha alerta vermella no mar.

A Mancomunidade promete reparar o camión de bombeiros do Val Miñor en dez días

Correo-e Imprimir PDF

O camión leva dous meses agardando nun taller en VigoAtlántico Diario fai público o compromiso do presidente de turno da mancomunidade, Jesús Almuiña, de arranxar a motobomba forestal do GES do Val Miñor

A dotación asistiu novamente a un incendio o pasado martes sen medios para extinguir o lume que finalmente devorou a casa dunha familia en Camos.

Accidente múltiple na A-55 na saída dirección Baiona bloquea a AP-9.

Correo-e Imprimir PDF

alto puxeirosUn derrame de "cola adhesiva" na calzada provocou un accidente múltiple ás 14:30 no km 7 da A-55, saída dirección Baiona, no Alto de Puxeiros alcanzando a 12 coches, 2 motos e 1 camión de bombeiros.
A presenza do vertido provocou a perda de control por parte do camión do grupo de emerxencias de Mos que concorría a limpar o asfalto. Ata de agora repórtase a existencia de un ferido. O accidente múltiple bloqueou a conexión coa AP-9.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL