Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Seguimos co mal tempo

Seguimos co mal tempo

Correo-e Imprimir PDF
O vento tumbou onte unha árbore en Patos - Foto Yanka

Onte unha ábore desplomouse nas inmediacións da estrada pola vía en Patos Nigrán. Cabo Silleiro rexistraba ventos de 115 Km/h

Durante a xornada un novo sistema depresionario moverase rapidamente polo atlántico, moi preto de Galicia, mantendo un réxime de chuvias e ventos fortes principalmente pola noite cando unha nova fronte se achegará polo oeste.

Durante o día predominarán os ceos anubrados con chuvascos, máis frecuentes nas provincias atlánticas, que aínda nas primeiras horas serán de neve en cotas arredor dos 1000 metros.

 Xa pola noite aumentarán as nubes comezando polo oeste cun incremento das chuvias que serán localmente fortes nas provincias atlánticas.

As temperaturas máximas e mínimas sufrirán un descenso. Os ventos soprarán pola mañá do sudoeste moderado no interior e forte no litoral aumentando pola tarde a fortes, con intervalos moi fortes no litoral.