Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Val Miñor: Por alerta laranxa a Xunta suspende para este venres as actividades no exterior dos centros educativos.

Val Miñor: Por alerta laranxa a Xunta suspende para este venres as actividades no exterior dos centros educativos.

Correo-e Imprimir PDF
chano-pineiro

- Atendendo a unha posible declaración de nivel vermello de alerta meteorolóxica ou "a circunstancias que o aconsellasen", os directores dos centros quedan autorizados a suspender totalmente a actividade docente.
- A suspensión foi determinada pola Comisión Escolar de Alertas e comprende a todos os centros educativos de Galicia, agás no sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, para este venres 14 de febreiro.


A Xunta matiza que de momento non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar. Sen embargo, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas.
Nese senso, para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro "supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen", a Xunta autoriza aos directores a adoptar "as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente".