Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Medio Rural eleva a 1.850 hectáreas a estimación da zona afectada polos incendios de Oia e O Rosal.

Correo-e Imprimir PDF

image 18-A Xunta reivindica que todos os operativos se están a realizar baixo o seu "mando único".
-Novas medicións realizadas elevan a superficie afectada a 1.850 hectáreas estimadas. No último informe da tarde deste mércores 28 de agosto, a Xunta agrega que o incendio que afecta aos concellos de Oia e O Rosal continúa estabilizado.

O BNG denuncia que arderon o dobre das hectáreas que sinala a Xunta nos incendios de Oia e O Rosal.

Correo-e Imprimir PDF

1173731 647489218609057 578781948 nO portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, denuncia que mentres a Xunta de Galicia di que arderon 1.200 hectáreas, "os que están no terreo falan de 1.200 en Oia e 1.200 no Rosal, ou sexa, o dobre do que sinala a Xunta", destacou. Vence fixo esta denuncia tras visitar os lugares sinistrados xunto coa deputada Carme Adán na mañá deste mércores 28 de agosto.

Témese polo dano ecolóxico e patrimonial deixado tras o lume en Oia.

Correo-e Imprimir PDF

incencio oia 2013 foto 1punto1FotografiaTranscorrida a segunda xornada de loita contra o lume, a Xunta de Galicia da por “estabilizado”, o incendio forestal iniciado no concello de Oia na parroquia de Burgueira, que afecta tamén aos concello do Rosal e Tomiño. Aínda sen unha avaliación total da zona, fontes no lugar sinalan que máis de 1.800 hectáreas foron arrasadas por mor das lapas, unha cifra que o informe oficial da Xunta reduce a 1.200ha, co matiz que falla a parametrizado do espazo total afectado polo sinistro.

Feijóo irrompe na escena dos incendios para pedir colaboración cidadá

Correo-e Imprimir PDF

Ñunez Feijoo na criticada imaxe nun incendio en Meis en 2006O verán de 2006 Galicia sufría a súa peor crise incendiaria dende 1989. Moita calor, moito vento e nada de chuvia eran as condicións perfectas para que centos de incendios afogasen cada día o país ao longo de dúas longuísimas semanas. No inicio do verán o PP galego, liderado por Alberto Núñez Feijóo dende xaneiro dese mesmo ano, garantiulle apoio "institucional" ao Goberno de coalición PSdeG-BNG, unha promesa que saltou polos aires en canto o fixo a estatística das lapas. O flamante líder conservador e un Mariano Rajoy en horas baixas apresuráronse en cargar contra o bipartito e, por extensión, contra o Goberno central de José Luis Rodríguez Zapatero. Lonxe daquela actitude, o actual presidente Feijóo vén de reclamar colaboración cidadá ante o lume.

Arden máis de 700 hectáreas en Oia e o Rosal

Correo-e Imprimir PDF

Avions descargando auga no incendio en Burgueira Foto via @euserbio

O lume devorou xa 700ha e segue fora de control e próximo ás casas.

Un incendio forestal aínda sen extinguir está a afectar ó concello de Oia, na media noite deste luns 26 de agosto. O lume que iniciouse a media tarde avanzou sobre as parroquias Loureza - Mougás e Burgueira en dirección Fornelos.

Ás 22:45 horas, a Xunta declaraba activado o Nivel 1 de alerta pola proximidade das lapas ao núcleo de Loureza. Nesta medianoite, Medio Rural informa que ten mobilizados na zona a 1 técnico e 7 axentes, 13 brigadistas, 13 motobombas, 4

Nacionalistas reclaman unha acción inmediata dos alcaldes do Val Miñor ante o conflito en POVISA.

Correo-e Imprimir PDF

2013 08 21 TerceiroDiaFolgaPOvisaVigo01.previewTras catro días de folga de carácter indefinido en POVISA, diversas correntes políticas do Val Miñor reclaman unha acción adecuada por parte dos tres alcaldes da bisbarra, na defensa dos dereitos sanitarios da veciñanza. Nese senso, as agrupacións nacionalistas ANOVA e CxG, esixen unha maior implicación dos rexedores, na protección dos case 50.000 veciños da bisbarra, que por mor do convenio co SERGAS, deben se asistir nese centro de saúde privado.

CCOO denuncia que o plan contra incendios da Xunta aínda non está operativo

Correo-e Imprimir PDF

Brigadistas do SEAGA nun lumeCCOO lamenta a gran perda ecolóxica e forestal producida no incendio de Quiroga-Larouco, sinistro no que, segundo datos da propia consellería, calcináronse mais de 500Ha, resultando afectadas amplas extensións do Distrito Forestal VIII (Terra de Lemos) e do Distrito Forestal XII (Valdeorras/Trives). Ademais, denuncia publicamente que, "a causa da irresponsabilidade dos xestores da consellería", este ano, o operativo de defensa contra incendios forestais está máis atomizado que nunca e, a estas alturas do verán, "segue aínda sen estar despregado na súa totalidade".

Ingresan seis novos efectivos de emerxencia na comarca do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Los-alcaldes-de-la-Mancomun
-A Mancomunidade anuncia que poderán aumentar ata 12 efectivos grazas ao convenio GES con vixencia até 2015. Baiona, Gondomar e Nigrán esperan a súa inclusión no Consorcio Provincial de Bombeiros.

-O sindicato de bombeiros denuncia os convenios GES e ós Consorcios Provinciais de Emerxencia por graves fallas funcionais, e por estar máis inspirados nos recortes ca efectividade do servizo.

O Val Miñor queda sen o tradicional curro da mosca de Mougás polo conflito do microchip e o decreto equino.

Correo-e Imprimir PDF

curro torronha-As asociacións de curros da bisbarra, agás o da Valga, anuncian tamén a suspensión dos de San Cibrán, Morgadáns e o Galiñeiro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL