O colectivo Marea Verde do Ensino convoca a unha concentración na Ramallosa o próximo sábado 22 de febreiro en defensa do ensino público.
Baixo o lema "Palabras nas pontes" os colectivos educativos da comarca mobilizaranse novamente para defender o sistema público de ensino "condición indispensable dunha sociedade democrática e igualitaria." e para insistir na urxencia de construír un novo modelo educativo capaz de responder ás necesidades do presente, coa participación de toda a comunidade e dende a base.
A citara será o próximo sábado 22 de febreiro ás 17h na Ramallosa, ainda que non determinaron o punto exacto da concentración