Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Valverde anuncia a formalización dunha petición á Xunta de Galicia a prol da gratuidade da AG-57 no interior do Val Miñor.

Valverde anuncia a formalización dunha petición á Xunta de Galicia a prol da gratuidade da AG-57 no interior do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
peaxe-vilarinho

-O alcalde de Nigrán lamentou a perda dos postos de traballo nas peaxes de Vilariño os que entende responden a unha decisión da Xunta só avalada por datos "meramente económicos vinculados a la consecionaria".

A postura de Valverde torna en apenas 24h logo de que onte manifestara no Faro de Vigo que os despidos eran "Inaceptables" e comprometíase a "esigir" ante a Xunta o mantemento dos empregos.


O alcalde de Nigrán, o popular Alberto Valverde declara estar a prol da gratuidade do servizo da autoestrada AG-57 nos traxectos que descorren dentro da comarca do Val Miñor.Así o informou na tarde deste martes 14 de xaneiro nun comunicado no que adianta que "remitirá a la administración autonómica " dita solicitude no próximos días. As afirmación danse no marco dun escrito onde o rexedor "lamenta a perda de postos de traballo nas peaxes da comarca", resolto pola concesionaria en acordo coa Xunta de Galicia.

O texto remitido aos medios esta tarde dende o Concello de Nigrán, sinala que "En relación a la decisión adoptada por la Xunta de Galicia que permite a Autoestradas de Galicia la retirada de personal de los peajes en la comarca por la escasez de tráfico, lamenta la pérdida de puestos de trabajo avalada por datos meramente económicos vinculados a la concesionaria, y considera necesario que, bajo el argumento del reducido tráfico rodado, se abra un período de reflexión y análisis que desemboque en la mejor solución para todas las partes implicadas".

Valverde agrega que "Si la clave está en el escaso tráfico de la AG-57 en estos tramos, la solución debería pasar por abaratar el coste del peaje, atrayendo así a más usuarios que hagan más rentable el servicio".
Aínda esta cuestión, o rexedor afirma que a Xunta de Galicia debe proceder a implantar a gratuidade do servizo nos tramos que transcorren na bisbarra.

De defender os postos de traballo a defender a gratuidade da peaxe.

A postura de Valverde vóvese "comprensiva" logo de que onte manifestase na prensa a súa firmeza ante a perda dos postos de traballo. Así o Faro de Vigo recollía onte que Alberto Valverde, exixiría de novo á Xunta que tome medidas para mantener o emprego e a atención como antes. "Es inaceptable que, a pesar del alto coste que tenemos que asumir los usuarios, la empresa elimine puestos de trabajo y ofrezca un peor servicio".

No comunicado lanzado hoxe aos medios, Valverde asume directamente a perda dos postos de traballo e manifesta entender a decisión adoptada pola Xunta, propietaria da AG57.