Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Dirk deixa sen luz varias parroquias de Nigrán e reborda o río Miñor

Dirk deixa sen luz varias parroquias de Nigrán e reborda o río Miñor

Correo-e Imprimir PDF
O río Miñor rebordou sobre na zona de obras do paralizado tanque de tormentas de Gondomar - Foto Gondomar.tv
O río Miñor rebordou sobre na zona de obras do paralizado tanque de tormentas de Gondomar - Foto Gondomar.tv
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Dirk pasou polo Val Miñor e tamén deixou a súa pegada. Caída de muros, desprendementos de fachada e cortes de luz en Nigrán ao que se suma o que xa é una habitual nos momentos de choiva, o rebordamento do río Miñor en Gondomar.

Case 33.000 fogares continúan ainda sen luz en toda Galicia. Parroquias de Camos e Priegue continuaban esta mañá sen suministro de luz e sen hora para restablecer o servizo.

A clicoxénese explosiva bautizada como "Dirk" provocaron numerosos danos no Val Miñor, sen que houbera que lamentar nengún dano persoal.

En Praia América desprendíase parte da fachada dun chalet mentras que na Estrada da Vía o muro de pedra do camping caía xa acuciado por un problema de contención. As casetas de obra en Porto do Molle tamén foron zarandeadas polo vento quedando totalmente estragadas.

As parroquias de Camos e Priegue levan sen luz dende as cinco da madrugada, e segundo sinalan algúns lectores, a previsión de reparación facilitada por Unión Fenosa é de 24 horas nalgúns casos o que supón sen dúbida un problema engadido de cara á celebración da festividade de noiteboa e a actividade diaria dos fogares. 

En Gondomar o parque da Coelleira quedou asulagado polo rebordamento do río Miñor. A palma a levou as obras fallidas do tanque de tormentas de Gondomar, que quedou convertido nunha auténtica piscina.

Galicia continuará na influencia da profunda borrasca situada sobre as Illas Británicas. Teremos polo tanto o mar moi alterado, con ondas que pola tarde superarán os 8 metros de altura e neve por riba dos 1000 metros no interior. Mantense a alerta laranxa de vento para hoxe e vermella no mar para mañá.