Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Baiona, Oia e A Guarda un espectáculo de demostración da forza do mar

Baiona, Oia e A Guarda un espectáculo de demostración da forza do mar

Correo-e Imprimir PDF
O mar rompeu o valado  da zona do Rompeolas en Baiona corando o tráfico - Imaxe Telemariñas - Youtube

Centos de persoas acuden estes días ás zonas máis batidas polo mar nos concellos de Baiona, Oia e A Guarda.

As cámaras captan imaxes que poñen en evidencia a forza do mar na costa Atlántica.

A xornada de hoxe volveu a deixar imaxes espectaculares da bravura do mar que bate estes días as zonas costeiras. A Cuncheira en Baiona, a zona do moesteiro en Oia e a praia de Area Grande de Fedorento na Guarda deixan imaxes pouco habituais pero non é a primeira vez que o mar bate deste xeito nestes puntos costeiros.

A zona de máis tensión a captaron as cámaras de Telemariñas na zona do Rompeolas en Baiona. O mar volveu a revasar o muro de contención da estrada onde o mar chegou mesmo a desmontar o valado de protección causando momentos de tensión ante o paso do tráfico que podía chocar de fronte cos obstáculos dispostos pola forza do mar.

Meteogalicia informa que o martes Galicia seguirá baixo un réxime de ventos de compoñente sur que deixará unha xornada con temperaturas suaves, nubes e chuvias intermitentes. Así, os ceos permanecerán parcialmente cubertos. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Mais videos no canal de Telemariñas en Youtube