Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Aberta ao tráfico a PO-552 logo de permanecer pechada pola travesa dun garda raíl arrincado polo mar

Aberta ao tráfico a PO-552 logo de permanecer pechada pola travesa dun garda raíl arrincado polo mar

Correo-e Imprimir PDF
O gardarail que foi arrastrado polo mar.

O tráfico na estrada PO-552 en Baiona, a carretera da costa, foi reaberto despois do peche que sufriu á altura do Rompeolas, por mor dunha onda que arrastrou un gardarail, segundo ratificou o Ministro Rexional do Ambiente, Terra e Infraestruturas Agustín Hernández.

A policía local alertaba ao 112 ás 19:41 horas do pasado luns, para o que solicitaban medios de limpeza e mantemento da Consellería de Infraestructuras, logo de que o valado do marxe dereito reventase pola forza do mar. Pero o mar seguiu golpeando neste punto kilométrico confluencia entre a Avda. Joselín e a Avda. Brasil, até o punto de levantar todo o garda raíl e atravesalo no medio e medio da estrada o que fixo vivir un momento de tensión aos efectivos desplegados na zona ante o inminente choque frontal dun vehículo que non alcanzaba a visualiar a nova barreira de ferro creada pola forza do mar.

Dim lights Embed Embed this video on your site