Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

CxG preséntase na bisbarra con propostas para incentivar o emprego e a economía do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

cxg-pazo-mendoza- A presentación estivo presidida polos nacionalistas Pepe Valverde (Gondomar), Xoaquín Dacosta (Gondomar) e máis Jesús Recouso (Nigrán).

A formación nacionalista Compromiso por Gallicia (CxG) presentouse oficialmente na bisbarra ca fin de desenvolver un proxecto de traballo nos tres concellos do Val Miñor. A instancia tivo lugar o martes pasado no Pazo de Mendoza de Baiona, onde tamén foi dada a coñecer unha proposta para incentivar a reactivación da economía da bisbarra, nomeadamente a través dun plan de emprego e turismo.

A Xunta sancionará a Autoestradas de Galicia (Itínere) por retirar persoal das cabinas na autoestrada do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

AP-9 Vigo - Baiona

 Os usuarios queixáronse de que nalgunhas zonas de cobro non había posibilidade de facer o pago manual.

A Xunta de Galicia sancionará á empresa Autoestradas de Galicia (Itínere), concesionaria das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57), por entender que incumpre o contrato ao retirar a persoal das cabinas de cobro de peaxes, segundo confirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

O Val Miñor a voo dun Quadcopter.

Correo-e Imprimir PDF

foto aerea_gondo_3Dende hai algunhas semanas un mini-helicóptero non tripulado de catro motores sobrevoa o Val Miñor. O seu obxectivo non é outro que capturar fermosas imaxes de Baiona, Gondomar e Nigrán dende unha perspectiva aérea. O fotógrafo miñorano Carlos Costas é o impulsor deste proxecto nel que leva investidos máis de cinco mil euros. Dende agora, as vellas fotografías aéreas que adornaban as casas poderán ser substituídas ou acompañadas por imaxes en alta definición en formato vídeo, panorámicas de 360º ou moitas outras opcións que aportan as novas tecnoloxías.

A Plataforma non suspende a IV Andaina: “O Galiñeiro non está a salvo de ningunha ameaza”

Correo-e Imprimir PDF

cuadriculas-mineiras-ofertaA Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro alerta que o perigo dunha explotación mineira sobre o enclave aínda persiste. Ante certas informacións que circularon onte na que se daba conta de que a multinacional Umbuno suspendía a solicitude para pescudar minerais en 10 hectáreas da serra, a plataforma advirte que aínda están a exposición pública outras 32 hectáreas adxacentes ás anteriores co mesmo obxectivo de explotar terras raras.

O PP rexeita proposta do BNG para solucionar o problema do transporte público no Val Miñor a través dun plan metropolitano.

Correo-e Imprimir PDF

 

-A iniciativa foi presentada pola deputada Carmen Adán o pasado mércores no parlamento galego e votada negativamente polos deputados populares.

O BNG acusa ao Partido Popular de “aplicar a súa maioría absoluta contra a cidadanía do Val Miñor”. Os nacionalistas acusan ao PP de  votar onte negativamente no parlamento galego, unha fórmula presentada pola deputada Carme Adán para dar saída á problemática do transporte na bisbarra.  A moción fora presentada o pasado 5 de febreiro  pola deputada Carme Adán ao facerse pública a intención das empresas que realizan o transporte nesta comarca e o Baixo Miño de reducir o servizo, xa de por si deficitario.

A “Marea Negra” en defensa do ensino público sae á rúa no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Marcha polo ensino no Val Miñor © C.L.O Val Miñor protagoniza unha multitudinaria protesta conxunta contra a nova lei de ensino LOMCE do goberno de Rajoy es os continuos recortes no ensino público.

A comunidade educativa dos tres concellos miñoranos fíxose presente na Ramallosa nunha multitudinaria marcha que reivindicou o dereito a manter un ensino público de calidade. A pesar da choiva, máis de 1500 persoas protestaron contra os recortes económicos que tanto dende a Xunta de Galicia como dende o goberno de España están afectando á situación do sector da educación, nomeadamente nos comedores escolares, os materiais de estudio e os soldos do persoal docente e non docente, entre outros aspectos.

A comunidade educativa fai un chamamamento a toda a poboación para participar este sábado da “Marea Negra” en defensa do ensino público.

Correo-e Imprimir PDF

venres negro_casaresA Coordinadora de Centros Educativos do Val Miñor fixo un chamamento aberto a tódala veciñanza da bisbarra co fin de apoiar a "Marea Negra" en defensa do ensino público que terá lugar este sábado ás 18 horas na Ramallosa. A convocatoria xa conta co apoio –ademais da comunidade educativa- de varios colectivos e sindicatos de traballadores que acompañarán a profesores, alumnos e pais nesta xornada onde manifestarán a súa preocupación polo estado actual da educación, as súas críticas aos recortes en materia económica, así como o seu rexeitamento á reforma impulsada polo ministro Wert (LOMCE).

Profesores, alumnos e pais de todo o Val Miñor preparan unha “Marea Negra” en defensa do ensino público.

Correo-e Imprimir PDF

rip ensino_publicoPrognostícase unha "Marea Negra" para este sábado 16 de marzo no Val Miñor. Ducias de profesores dos centros de ensino comarcal, acompañados de alumnos e país, marcharán vestidos totalmente de negro, dende os tres concellos cara á Ramallosa. Con esta "marea" queren escenificar a súa defensa do ensino público, a oposición aos recortes e a súa postura contraria á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), impulsada polo ministro Wert. A concentración está convocada para as 18 horas no entorno do Cruceiro de San Campio en Ramallosa.

Espírito Rías Baixas. Vídeo promocional da Volta 2013

Correo-e Imprimir PDF

Spot publicitario "Esprito Rias Baixas"Co gallo da Volta Cicilista a España 2013, a Deputación de Pontevedra lanzou un vídeo promocional enmarcado nunca campaña de promoción das Rías Baixas. O spot que leva por título "Espírito Rías Baixas" conten varias imaxes do Val Miñor, e dalgúns dos seus deportistas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL