Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

A Marea Negra do Val Miñor xa ten unha coordinadora de profesores comarcal.

Correo-e Imprimir PDF

ceip-souto-donasOs docentes dos centros de ensino de Baiona, Gondomar e Nigrán conforman unha coordinadora de profesores do Val Miñor. Nela intégranse centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria que comparten a mesma problemática nos recortes orzamentarios e nas condicións de traballo de todo o profesorado, acadando ata de agora o apoio de 16 dos 18 centros instalados na bisbarra.

O PP rexeita a extensión do Parque Natural do Monte Aloia solicitada por AGE para protexer o Galiñeiro da minaría.

Correo-e Imprimir PDF

vigo-cumbreO pasado mércores o Parlamento Galego rexeitou a proposta do Grupo Parlamentar de AGE, presentada no Pleno pola parlamentaria Chelo Martínez, sobre a intención do goberno da Xunta de autorizar a minaría a ceo aberto para a extracción de minerais raros na devandita serra. A proposición foi rexeitada cos votos do PP fronte ao apoio de todos os grupos da oposición.

O BNG presenta unha alegación contra a redución das liñas de transporte de viaxeiros con Vigo

Correo-e Imprimir PDF

-O BNG reclama o mantemento das liñas de transporte actuais, o seu incremento e mellora.

AGE pide a extensión do Parque Natural do Monte Aloia para protexer o Galiñeiro da minaría

Correo-e Imprimir PDF

AGE pide a ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal da Serra do GaliñeiroA deputada de AGE Chelo Martínez presentou este mércores no Parlamento unha proposición non de lei para ampliar o Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal da Serra do Galiñeiro para protexer este espazo, que nos últimos tempos está ameazado por varios proxectos de extracción de minerais raros. 

A UE fiscaliza a calidade ambiental de Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Zona de verquido de augas fecais na Foz do MiñorOito eurodeputados visitan estes días Galicia con intención de poñerlle nota á Xunta sobre a situación ambiental das rías galegas. A visita ten a súa orixen nas mumerosas denuncias sobre o pésimo estado das rías. 

E é que a comisión de Peticións do Parlamento Europeo recibiu desde 1999 un total de 11 denuncias cidadás, algunha delas asinada por miles de representantes, sobre problemas relacionados co medio ambiente en zonas costeiras de Galicia.

Os socialistas rexistran no parlamento galego catro preguntas sobre a reducción dos servizos de ATSA

Correo-e Imprimir PDF

O deputado do PSdeG PSOE Abel Losada onte na sede dos socialistas de NigránO PSdeG PSOE rexistrou onte ás 9:45h catro preguntas á comisión do Parlamento Galego referidas á solicitude da concesionaria de eliminar varias liñas de servizo no Val Miñor e Baixo Miño.

 Os parlamentarios  Abel Losada Álvarez, Manuel Gallego Lomba e Carmen Gallego Calvar, presentaron por rexistro varias preguntas dirixidas ao presidente do goberno galego, Núñez Feijoo.

Comezaron no Val Miñor as xuntanzas informativas sobre o plan de reestrutura do transporte público presentado por ATSA.

Correo-e Imprimir PDF

No documento do proxecto ATSA dá a coñecer os motivos de suspensión de cada liña.- ATSA asegura que a reestrutura do transporte non será "traumática" e explica caso a caso os motivos das suspensións de servizos.

- Esquerda Unida, ANOVA e BNG presentan mocións contrarias á reestrutura nos concellos da bisbarra.

ATSA esixe á Xunta a reestruturación inmediata dos servizos no Val Miñor ou unha compensación.

Correo-e Imprimir PDF

atsa-baionaA denuncia de Esquerda Unida publicada na tarde do pasado luns por Valminor.info sobre a proposta de reestruturación feita por Automóviles de Tuy, S.A. (ATSA) á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está provocando ducias de pronunciamentos críticos nas redes, así como comunicados e a toma de posicións por parte de algúns grupos políticos comarcais.

ATSA quere deixar só en 4 quendas o servizo Gondomar - Vigo e reducir ou eliminar outros no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomar-A empresa ATSA plantexa reducir a 4 quendas obrigatorias de luns a venres o servizo Gondomar - Vigo. E outras 4 de carácter voluntario a avaliar a súa rendabilidade, segundo informa EU Val Miñor logo de estudar o proxecto presentado pola empresa ante a Xunta.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL