Martes, 26 Maio. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor ATSA quere deixar só en 4 quendas o servizo Gondomar - Vigo e reducir ou eliminar outros no Val Miñor.

ATSA quere deixar só en 4 quendas o servizo Gondomar - Vigo e reducir ou eliminar outros no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
terminal gondomar

-A empresa ATSA plantexa reducir a 4 quendas obrigatorias de luns a venres o servizo Gondomar - Vigo. E outras 4 de carácter voluntario a avaliar a súa rendabilidade, segundo informa EU Val Miñor logo de estudar o proxecto presentado pola empresa ante a Xunta.

 

A empresa ATSA iniciou un expediente de reestruturación da concesión de servizo "A Guarda - Vigo - A Guarda", que deixaría illada boa parte do Val Miñor. Nomeadamente, a empresa plantexa a desaparición das frecuencias nas parroquias de Chandebrito e Belesar, un servizo mínimo para Parada e Camos, así como deixar en tan só 4 quendas obrigatorias a liña Gondomar - Vigo e quitar a obriga de prestar 15 servizos en Baiona. O documento foi revelado esta tarde por Esquerda Unida do Val Miñor tras un estudo do mesmo, o que se atopa dende o pasado 31 de xaneiro a consulta pública na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Segundo explicou José Cuevas, portavoz de EU Nigrán, ademais destes recortes no transporte público, o expediente prevé a eliminación de 7 frecuencias por Panxón e a pasaxe a un sistema voluntario de algúns servizos máis, cunha avaliación trimestral por parte da empresa concesionaria que segundo a rentabilidade das mesmas podería ou non manterllas.

Neste senso, este mércores 6 de febreiro ás 20 horas, terá lugar unha xuntanza informativa no Centro Cultural O Torreiro de Prieuge, na que se expoñerán as cláusulas que quere levar adiante a empresa, así como as posibles alegacións que poderían presentar os veciños e asociacións afectadas pola reestrutura prevista.

Tamén no Baixo Miño terá lugar outra instancia informativa, o xoves 7 de febreiro, ás 19 horas no Centro Social O Fuscallo de A Guarda.