Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán só presenta alegacións contra a suspensión do servizo de transporte a Chandebrito.

O Concello de Nigrán só presenta alegacións contra a suspensión do servizo de transporte a Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran
Download this file (alegacion_concello.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Concello de Nigrán presenta alegacións contra a suspensión do servizo de transporte público que afecta á parroquia de Chandebrito. Nembargante, o escrito presentado o pasado venres 8 de febreiro ante a Xunta de Galicia, non fai mención ao resto das supresións de servizos previstas por ATSA e que repercuten noutras zonas do municipio e da bisbarra do Val Miñor.

Se ben no comunicado público emitido este luns polo Concello de Nigrán afírmase que "solicita a desestimación íntegra da petición suscitada pola empresa concesionaria ATSA", unha copia do documento de alegación que acompaña a nota permite  comprobar que a mesma refire unicamente aos servizos que pasan pola referida parroquia de Chandebrito, sen abranguer os recortes e supresións que atinxen a Panxón, A Ramallosa, Nigrán e outros enclaves do municipio.

ATSA está obrigada a prestar o seu servizo "ao seu risco e ventura" como empresa concesionaria.

No devandito escrito presentado ante a Xunta, o Concello de Nigrán lembra que o artigo 66 do ROTT sinala que os "servizos públicos regulares permanentes de transporte de viaxeiros de uso xeral realizarase pola concesionaria ao seu risco e ventura".

Nese senso, o alcalde Alberto Valverde sinala que "ATSA é unha empresa que presta un servizo público, polo que debe primar o interese xeral fronte a intereses particulares". Nese senso, matiza que a empresa concesionaria "está no seu dereito de presentar propostas de reestruturación das liñas", pero que "estas xamais deben ir nun prexuízo para a prestación do transporte público, circunstancia que neste caso -en referencia a Chandebrito-  si se produce, xa que ATSA non presenta ningunha alternativa que permita unha mellor prestación do servizo público", agrega

Alberto Valverde sinala a posta en funcionamento do transporte metropolitano como solución.

No comunicado achegado á prensa, Alberto Valverde fixa a súa postura sobre o tema e afirma que "a solución definitiva para ofrecer aos habitantes da área metropolitana de Vigo un transporte público de calidade pasa pola posta en marcha dunha rede de transporte metropolitana, que conecte de forma real todos os municipios que integran esta área xeográfica".